Ribadeo, 27 de novembro de 2025. A empresa BeOne, concesionaria da piscina municipal de Ribadeo, renova o seu compromiso con Acisa e convértese no patrocinador principal da Festa do Comercio e da Gala da asociación.
Acisa e BeOne así o plasmaron no convenio de colaboración asinado por Roberto Ramos, CEO de BeOne, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. No acto, que tivo lugar nas instalacións de Acisa, estivo tamén presente o xerente, Jesús Pérez.
Ramos sinalou que “desde BeOne colaboramos con las entidades locales de aquellos municipios en los que estamos presentes. En Ribadeo llevamos años gestionando la piscina municipal, apostando e invirtiendo en la mejora de nuestras instalaciones. Desde Acisa nos presentaron hace un par de años una propuesta de patrocinio, la aceptamos, hemos estado presentes en las Fiestas del Comercio y en las Galas de Acisa y ahora renovamos nuestro compromiso para el año 2026, porque queremos seguir estando al lado del tejido empresarial de Ribadeo y de la asociación que lo representa”.
O CEO de BeOne dixo que “las alianzas son cada vez más importantes y esperamos que con nuestro apoyo Acisa siga organizando campañas y actividades que redunden en la dinamización económica de Ribadeo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, tivo palabras de agradecemento para Roberto Ramos e para BeOne: “queremos agradecerle a Roberto Ramos especialmente y a BeOne, que vayan a colaborar con nosotros en el 2026. Lo hicieron en el 2024 y en el 2025 y renovamos ahora ese compromiso para el próximo año. Sabemos de la querencia de Roberto Ramos por Ribadeo y por Acisa y le damos las gracias por acompañarnos por tercer año en esta andadura”.
Cruzado explicou que “las asociaciones, como Acisa, nos nutrimos de las cuotas de nuestras socias y socios, y de subvenciones de diferentes administraciones como Xunta, Concello y Diputación. Acisa es un colectivo muy activo que organiza más de medio centenar de actividades a lo largo del año, además de dotar de materiales gratuitos a sus asociad@s. Por este motivo siempre precisamos de más partidas económicas. Esta directiva decidió en su día llamar a las puertas de la iniciativa privada y varias fueron las empresas que se sumaron a nuestras campañas. A todas ellas aprovechamos la ocasión para agradecerles su apoyo y su confianza”.
E engadiu: “nos parece muy importante y positivo que las empresas se decidan a colaborar económicamente con nosotros patrocinándonos, esto quiere decir que las actividades que realizamos desde Acisa resultan atractivas para el conjunto de la ciudadanía y del colectivo empresarial”.
Charla sobre IA este sábado
Acisa Ribadeo en colaboración co empresario Antonio Recalde, organiza este sábado, 29 de novembro, ás 10:00 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo unha conferencia titulada ‘Que é a intelixencia artificial e como está a cambiar ou mundo’, un evento especialmente orientado a empresas, autónomos e profesionais que buscan comprender e aproveitar as novas oportunidades que ofrece a intelixencia artificial (IA). A sesión conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e o patrocinio de Caixa Rural.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, conta que “esta actividad se enmarca en el compromiso de Acisa por impulsar la modernización, digitalización y competitividad del tejido empresarial local, así como en la apuesta continua por la formación a empresarios y profesionales de todos los sectores y por ofrecer herramientas útiles que faciliten la adaptación del tejido económico a los nuevos retos tecnológicos”.
O relatorio será impartido por Lara Andrea Neira González, cofundadora e CEO de NIGAL, doutora en Intelixencia Artificial pola Universidade de Edimburgo e cunha ampla traxectoria profesional desenvolvendo proxectos avanzados de Machine Learning, Big Data e analítica aplicada en sectores como industria, banca, telecomunicacións e enerxía. Neira é recoñecida pola súa capacidade de trasladar conceptos complexos de maneira práctica e útil para empresas de calquera tamaño.
Pérez Prada explica que “durante la charla Lara Neira abordará cuestiones clave para entender el impacto real de la IA en el presente y futuro de los negocios: ¿Qué es realmente la inteligencia artificial? ¿Cómo puede ayudarnos en el día a día empresarial? Casos de uso prácticos y aplicaciones reales. Mitos, realidades y hacia dónde evoluciona esta tecnología. La asistencia es gratuita y abierta todo el público”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense engade: “este tipo de eventos permiten acercar a las empresas locales conocimientos estratégicos que ya están transformando los mercados y los modelos de negocio a nivel global, por eso nos parece muy interesante impartir por primera vez una conferencia de este tipo en Ribadeo. Agradecemos a Antonio Recalde y a Lara Neira que nos briden esta oportunidad y nos acerquen a la inteligencia artificial de forma sencilla para que todos podamos saber cómo aprovecharla y sacarle el mejor rendimiento posible”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



