O deputado lucense e portavoz de Industria, Francisco Conde, reclama “solucións en tódalas liñas de axuda, non só a bonificación das peaxes que, nestes momentos, é claramente insuficiente e o Goberno de Sánchez mantén bloqueada por desidia”
Lugo, 27 de novembro de 2025. O deputado do PP lucense e portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Popular, Francisco Conde, defende que “Alcoa e as empresas electrointensivas necesitan unha actuación integral, non unha solución parcial”.
O popular asegura que “esixirlle ao Goberno de Sánchez nestes momentos unicamente a bonificación do custos das peaxes de acceso ás redes de transporte e distribución de electricidade é claramente insuficiente”. E, en todo caso, “a aprobación da bonificación do 80% segue sen estar en vigor dende o 20 de xullo pola desidia do Goberno de Sánchez”.
Conde lembra que “Alcoa precisa tamén, e así o está a reclamar o Partido Popular, que o Goberno incremente as axudas para a industria electrointensiva ata os 917M€ que é o máximo permitido pola UE, xa que no 2025 só convocaron un 65,4% do total; reforme o Estatuto de Consumidores Electrointensivos anunciado no 2022 e adopte medidas para paliar o incremento do 30% dos custes dos servizos de axuste polas consecuencias do apagamento”.
Conde subliña que “a industria electrointensiva segue tendo que asumir un prezo moi superior ao dos seus competidores europeos. A comezos desta semana, o prezo final -descontadas todas as axudas do Goberno- era de 57,45€ MW/h, dúas veces e media superior aos 21,97€ MW/h de Francia, por poñer un exemplo”.
Nese sentido, o Grupo Popular posicionouse na Comisión de Industria e Turismo do Congreso dos Deputados a favor dunha proposta para esixir ao Goberno de Sánchez o impulso de mecanismos que garantan prezos da enerxía competitivos e estables, especialmente para as industrias electrointensivas, que contribúan a reducir a súa pegada de carbono”.
O popular aproveitou para pedirlle explicacións ao PSOE lucense sobre as medidas impulsadas polo Goberno de España, da súa mesma cor política, para desbloquear a situación de Alcoa. “O Goberno nin sequera é capaz de convocar a reunión da mesa de seguimento do pacto como lle reclaman os traballadores”, indica. E engade que “tampouco está a cumprir coas axudas e continúa bloqueando os parques eólicos vinculados á planta a pesar de que o secretario xeral do PSdeG o anunciara fai dous anos”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



