Viveiro, 12 de novembro, 2025. Este xoves, 13 de novembro ás 18:00h, procederase á inauguración do Mural da Semana Santa de Viveiro, obra do artista local Daniel Caxete, e que tanto interese está a espertar día a día en viveirenses e foráneos, recibindo pola nosa banda innumerables felicitacións pola iniciativa. Son múltiples as fotos e vídeos que do mesmo se veñen realizando ata o día de hoxe, proba da enorme expectación e admiración xerada.
A obra representa a imaxe do Cristo da Agonía, unha das máis importantes da nosa Semana Santa, obra do santiagués José Rivas de 1946, non só pola súa calidade artística senón pola súa enorme devoción, que preside a ábsida da Igrexa de San Francisco e procesiona na Semana Santa local no Viacrucis de homes formando parte do grupo escultórico O Calvario na procesión da Paixón do Venres Santo.
A Xunta de Confrarías mostra unha gran satisfacción non só polo resultado, senón por continuar deixando un legado a Viveiro dunha das súas celebracións máis senlleiras, queridas e sentidas, engadindo un lugar máis de encanto ao centro histórico da cidade.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



