Castro de Rei/Cospeito, 19 de novembro, 2025. As familias de Castro de Ribeiras de Lea e Cospeito denuncian unha situación alarmante e insostible na atención pediátrica da comarca. Nos últimos días, no Centro de Saúde de Cospeito rematou o contrato da enfermeira pediátrica con especialización e anunciouse que a praza non será substituída. Esta decisión deixa ás crianzas sen unha referencia profesional especializada e traslada ao persoal de enfermaría tarefas que requiren unha formación específica que o sistema non está garantindo.
En paralelo, Castro de Ribeiras de Lea leva anos sen contar con enfermeira pediátrica especializada, unha ausencia reiteradamente sinalada pola propia pediatra debido á complexidade asistencial da zona: un número moi elevado de crianzas, familias con orixes diversas e múltiples casuísticas que precisan un seguimento profesional especializado para garantir unha atención seguira, áxil e acorde ás necesidades reais do territorio.
A pediatra que atende actualmente os concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei xa advertiu reiteradamente da sobrecarga e do risco asistencial que supón esta situación. Tras a perda da enfermeira especializada de Cospeito, só un destes tres concellos contará con este perfil profesional, evidenciando un desequilibrio evidente entre os servizos que reciben as áreas urbanas e a realidade das zonas rurais. A profesional advertiu ademais que solicitará un traslado se non se restablecen as condicións mínimas de calidade asistencial. O que deixaría ás crianzas da comarca nunha situación de desamparo sanitario absoluto.
As familias lembran que este desmantelamento progresivo -primeiro Castro de Ribeiras de Lea, agora en Cospeito- é unha mostra evidente do abandono continuado do rural por parte do Sergas, e alertan de que esta falta de planificación compromete de maneira directa a saúde infantil: adaptación de calendarios de vacinación internacional, seguimento de menores con necesidades específicas, atención temperá, prevención e coidados pediátricos que requiren formación especializada quedan agora seriamente en risco.
Ante esta situación, as familias fan un chamamento firme e urxente á Xunta de Galicia e ao SERGAS para que restitúan de inmediato o persoal de enfermería pediátrica especializada e garantan medios suficientes para unha atención pediátrica digna, segura e equitativa en Castro de Ribeiras de Lea e Cospeito.
“As crianzas destes concellos merecen o mesmo respecto, protección e recursos que calquera outra de calquera cidade ou núcleo urbano”, conclúen.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



