A conselleira María José Gómez inaugurou hoxe o Foro de Valorización da Faba de Lourenzá que se está a celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo
Ribadeo, 7 de novembro de 2025. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; participou no inicio do Foro de Valorización da Faba de Lourenzá que se está a celebrar hoxe e mañá no Centro de Formación e Especialización Agraria Pedro Murias de Ribadeo. Nel, reafirmou o seu apoio a esta produción que se atopa amparada por unha indicación xeográfica protexida, para favorecer o seu desenvolvemento.
A titular de Medio Rural destacou que, con iniciativas coma esta, créase unha rede formativa para a elaboración, transformación e comercialización dos produtos agroalimentarios galegos con identidade territorial, como é o caso da Faba de Lourenzá. Ademais, engadiu que ao mesmo tempo apóiase a produtores, emprendedores e profesionais do rural, ofrecéndolles formación, innovación e asesoramento. Neste sentido, puxo en valor o papel que xogan os centros de formación e investigación dependentes da Consellería, nos que se están impulsando espazos de especialización e innovación agraria para asesorar aos produtores e ampliar a súa formación.
Este foro, explicou Gómez, facilita o acceso a ideas e aprendizaxes que se poden aplicar de xeito inmediato coa mostra de casos de éxito, pero tamén con actividades que favorecen o intercambio entre distintos sectores produtos e empresariais que permitan xerar sinerxías que dean lugar a novas colaboración e proxectos comúns.
Apoios aos produtores da IXP
Ademais, a conselleira lembrou que desde o Goberno galego vénse apoiando a este sector con axudas directas. Este ano convocouse unha liña de axudas específica para os produtores da IXP Faba de Lourenzá coas que cubrir parcialmente os sobrecustos que implica producir este feixón galego con estándares de calidade superiores aos comúns, a maiores de axudar a paliar os danos provocados polas choivas intensas de primavera de 2024 que afectaron á colleita. Esta convocatoria resolveuse cun investimento de 68.000 euros.
Ademais, tamén se está a traballar en liñas de investigación e accións tanto para o fomento da IXP como para impulsar a incorporación de produtores ao distintivo.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



