Ribadeo, 7 de novembro, 2025Ribadeo está a dar unha mala imaxe no tema da limpeza, afirma o BNG. “Paseando polas nosas rúas e polas nosas parroquias acabamos sufrindo os malos olores dos contedores e das beirarrúas contiguas. Hai moitos sen tapa e cheiran abondo por estaren sucios ou polo líquido que soltan tras meses sen baldealos. Ademais, moitos foron cambiados de sitio de xeito arbitrario e parte deles retirados. Tal é así que se ven menos contedores que antes. Todo isto causa malestar entre a veciñanza, tanto polo ulido desagradábel como polo seu cambio arbitrario de lugar, ou porque hai menos”.
“Esta redución de contedores está a dar lugar a situacións ben chocantes: no camiño de Santiago, na parroquia de Ove, pódese ver lixo amontoado no lugar onde deberían estar os contedores. E isto leva pasando así varias semanas. Tamén temos comprobado que na baixada cara a Mirasol, no lugar que antes ocupaban os contedores, agora hai abandonados restos de varias lápidas”.
“A ordenanza municipal de limpeza e xestión de residuos do Concello de Ribadeo, no seu capítulo II, referido á colocación de carteis de publicidade na vía pública, deixa ben claro como actuar. Pero, pola contra, a realidade é moi teimuda. Despois de ter pintado muros (por certo, a maioría privados) para evitar unha colocación masiva de carteis, agora úsanse os escaparates e fachadas de negocios pechados para facer publicidade. Os paneis deseñados por este goberno municipal do PP para tal función non son útiles: non hai maneira de pegar nada neles”.
“Ben notamos na Casa Maseda os efectos desta situación. Algunhas das súas cristaleiras son empregadas para pegar nelas carteis anunciando actos de todo tipo. A maiores, os paneis alí colocados levan meses moi deteriorados sen que o goberno municipal actuara sobre eles, dando unha imaxe deplorábel”.
“Estamos xa no mes de novembro e isto non mellora. No verán, o goberno municipal alegaba que a cantidade de xente que nos visitaba requiría da máxima atención e que estas cousas que xa demandabamos antes podían agardar. Non sabemos qué máxima atención puideron recibir, a non ser a dos máximos cheiros dos contedores nas principais rúas polas que a xente comezaba a visitar a nosa vila. Pero agora, xa en pleno inverno, non hai xustificación ningunha que valga. Para cando pensa acometer Daniel Vega e o seu equipo de goberno a solución a todos estes problemas?”, conclúen desde o BNG





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.


