“O BNG non pode avalar a deixadez crónica dun goberno que se ve obrigado por segunda vez este ano a recorrer á vía excepcional do extraxudicial”
Foz 19 de novembro de 2025. Este pasado venres os concelleiros do BNG foron convocados a unha reunión no Concello, para explicar os pormenores do suplemento de crédito e do recoñecemento extraxudicial de crédito que vai a pleno este mes de novembro, por un importe total de 1.321.877,16 €. Nesa reunión onde o alcalde e a concelleira de facenda presentaron a documentación, participaron os catro concelleiros do BNG e contaron tamén coa presenza do interventor municipal.
“Dada a gravidade do que se pretende que aprobemos, decidimos convocar unha asemblea local do BNG de Foz este luns pasado”, explican.
“Dende o goberno municipal estase facendo unha xestión dos recursos da veciñanza de Foz dunha forma moi irresponsable e cunha falta de capacidade de diálogo co resto de grupos políticos sen precedentes. Non se pode gobernar como se se tivera maioría absoluta sen tela, pois as consecuencias acaban por pagalas terceiras persoas”.
“Durante o que vai de ano preguntamos en varios plenos polo avance na elaboración dos orzamentos municipais, cómpre recordar que estamos cos orzamentos prorrogados do ano 2024, tamén levamos preguntando en sucesivas ocasións polo pago das subvencións ás entidades culturais e deportivas pendentes do ano 2023. As respostas sempre foron evasivas e pouco claras”.
“Desde o BNG non imos comulgar con rodas de muiño. Se o equipo de goberno quere que se paguen as subvencións ás entidades de Foz e quere que se paguen as facturas pendentes dos anos 2023 e 2024 a provedores e empresas, o que ten que facer e traelo a pleno sen mesturalo todo para despois intentar someternos a unha chantaxe moral”.
“Neste expediente orzamentario mestúranse asuntos totalmente distintos: facturas pendentes do ano 2023 e 2024 con reparos de Intervención, pago de subvencións nominativas pendentes do exercicio 2023, modificación do importe de subvencións nominativas do ano 2025, aportación do concello a distintos convenios e investimentos e facturas do exercicio 2025 pendentes de pago por falta de liquidez nas partidas. Destas últimas non temos ningún tipo de información agás o importe total”.
“O BNG non pode avalar a deixadez crónica dun goberno que se ve obrigado por segunda vez este ano a recorrer á vía excepcional do extraxudicial”.
“No mes de abril xa se tramitou outro Recoñecemento Extraxudicial de Crédito de 809.915.63 €. Intervención emite un Reparo Suspensivo por omisión da fiscalización previa dos gastos, que cualifica como unha infracción moi grave na Lei de Transparencia e Bo Goberno. O noso voto en contra é o aval legal para a advertencia do Interventor”.
“O informe sobre a Modificación de Crédito tamén é desfavorable, advertindo dun risco de incumprimento da estabilidade orzamentaria en 2025 ao financiar gastos con remanente”.
“Toda esta situación é consecuencia directa de que o Concello de Foz está cos orzamentos prorrogados, que non existe unha planificación seria, e a ollos vista, non hai a capacidade nin vontade para facelo”.
“O lóxico sería que a estas alturas do ano xa se tiveran aprobados os orzamentos municipais para o ano 2026, para que puideran entrar en vigor o día 1 de xaneiro, non é así, polo menos dende o BNG non tivemos novas ao respecto”.
“Ao mesmo tempo non houbo ningún tipo de comunicación nin achegamento previo, a xestión a base de imposicións e a total falta de diálogo é pouco decorosa e é moi desleal coa veciñanza de Foz”.
Por todo isto, o BNG votará en contra da Modificación Orzamentaria e do Recoñecemento Extraxudicial tal e como se presentan, “estamos a favor de axudarlle ao goberno a emendar as súas chapuzas e garantir que todo o mundo poida cobrar, pero con rigor, con seriedade, e dende logo, dende a legalidade”.
“Así mesmo, instamos ao Alcalde e ao seu equipo de goberno a facer os deberes e a poñerse a traballar para elaborar uns orzamentos para 2026, para que entre outras moitas cousas, que esta situación non se volva dar dentro duns meses”.
“A responsabilidade disto recae única e exclusivamente no goberno do Concello de Foz, pola súa mala xestión e por tratar de chantaxear á oposición coa debilidade e necesidade económica de quen está agardando por estes pagos”.
“Estamos dispostos a votar favorablemente algúns destes puntos por separado, pero non a totalidade do conxunto”, conclúen.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



