Viveiro, 26 de novembro, 2025. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha, do xoves 27 ao sábado 29 de novembro, a campaña “O Mellor Black: sen esperas nin sorpresas, mercas e xa o levas”, unha fin de semana de compras con descontos especiais en miles de artigos.
36 negocios con descontos e promocións
Participan 36 establecementos de diferentes sectores, tanto comercio como servizos:
• Moda e calzado
• Complementos
• Deportes
• Moda infantil
• Lencería e mercería
• Ópticas
• Mobles e decoración
• Xoiería
• Salóns de peiteado
A variedade de negocios fai que a campaña resulte especialmente atractiva para quen aposta polo comercio local.
Un plan perfecto para gozar de Viveiro
A iniciativa convida a achegarse a Viveiro, pasear polo casco histórico e desfrutar das compras ao aire libre. A hostalaría local ofrece o complemento perfecto cun café, un viño ou un pincho, mentres a música ambiental do fío musical crea un ambiente especial durante toda a campaña.
Ademais, as compras poden levarse ao momento, sen problemas de abastecemento nin atrasos nas entregas, unha das vantaxes do comercio de proximidade.
Descontos do 20% ao 70%
Os 35 comercios participantes ofrecerán descontos que van do 20% ao 70%, segundo o establecemento e os artigos dispoñibles.
Os locais adheridos estarán identificados con banderolas negras de 2,60 metros situadas nas entradas, facilitando que a clientela recoñeza rapidamente onde se aplican as promocións.
Unha campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia
A iniciativa está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas destinadas á dinamización dos Centros Comerciais Abertos.
Os locais participantes e as suas promocións son:























O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



