O Valadouro, 20 de novembro, 2025. O PP afirmque que “no último pleno celebrado o pasado martes, PSOE e BNG unha vez máis recorren ás provocacións para tratar de desestabilizar ao alcalde tras dar as explicacións oportunas sobre a modificación de crédito a gasto corrente”.
“No pleno, o alcalde retiroulle a palabra ao voceiro do BNG xa que tras dar resposta de que se pasa o diñeiro á partida de gasto corrente, éste insiste en seguir preguntando, polo que, para continuar co pleno, era preciso retirarlle a palabra”.
“O señor Chao di que xera unha mala imaxe realizar as modificacións de crédito ao que o alcalde indícalle que peor imaxe xera non ter presupostos tal e como sucedía nas últimas lexislaturas, e que os erros, hai que correxilos”.
“Unha vez máis o BNG demostra que ten que acudir ás notas de prensa con mentiras e victimizándose para ser visibles, pois, se non o fan así ou falando do Partido Popular, ou mesmo detrás dunha pancarta, non se sabe que existen”.
“Nunha nota de prensa posterior ao pleno, o BNG recorre novamente a ese victimismo e ás mentiras”.
“En primeiro lugar, explicarlle á señora Barreira e ao señor Chao, por si aínda non se enteraron, que o equipo de goberno está formado únicamente polo grupo do Partido Popular. UDIVAL non forma parte do mesmo, polo que sempre que estea de acordo apoiará as nosas decisións e cando non, absterase ou votará en contra”.
“Por outra banda, dicir que en ningún momento se lle faltou ao respecto ao señor Chao e moito menos se insultou como ben indican na nota de prensa”.
“Cabe lembrarlle ao señor Chao que faltar ao respecto á veciñanza e incluso aos empresarios, que moitos son autónomos e veciños, é non pagar facturas por traballos realizados, perder subvencións ou mesmo non actuar en tempo e forma con algunha subvención concedida. Iso si é faltarlle á veciñanza ademáis de ser un “desorde” e unha mala xestión que o corrobora non levando a cabo as tarefas precisas para poder realizar o cobro dos recibos correspondentes en tempo e forma”.
“O problema que ten o PSOE-BNG co actual equipo de goberno é que non lles gusta que o concello se vaia estabilizando pouco a pouco, progresando e saíndo da parálise na que levaba tempo sometido debido ao desorde, como se indica na nota de prensa do BNG, que eles si tiñan e da cal a señora Barreira e o señor Chao formaban parte”.
“Á hora de elaborar un presuposto é complicado equilibralo cando se ve alterado por facturas impagadas de gobernos anteriores ás cales tivemos que facer fronte por un importe que ascende aos 150000€”.
“Salientar que a presente modificación de crédito se realiza conforme ao informe de intervención mediante baixas ou por anulacións noutras partidas minorando os créditos consignados e reasignándoos nas partidas deficitarias, sen incremento neto do gasto do orzamento municipal. Esta reestructuración interna do gasto optimiza o funcionamento da entidade local reforzando aquelas áreas nas que o crédito resulta máis necesario. Por este motivo, o Partido Popular defende a mesma postura que defendía na oposición, a de optimizar recursos, dado que con gobernos PSOE-BNG era práctica habitual incrementar o gasto do orzamento municipal tirando de remanente de tesourería, técnica que tratamos de evitar e non usar polo que neste caso mantense o equilibrio orzamentario inicial”, conclúen.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



