O Concello anuncia iniciativas arredor do 25 de novembro, incluíndo actos institucionais, propostas educativas e a IV Andaina contra a Violencia de Xénero
Burela, 20 de novembro de 2025. O Concello de Burela deu a coñecer a programación organizada para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O programa inclúe accións de sensibilización social, actos públicos e actividades dirixidas á comunidade educativa.
No marco desta programación estará dispoñible un punto de lectura pola igualdade na Biblioteca Municipal, colocarase a pancarta conmemorativa e varios espazos do municipio tinguiranse de violeta como símbolo de apoio á loita contra a violencia de xénero.
O martes 25 de novembro, ás 12:30 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional, xunto cun punto informativo do CIM e un mosaico violeta co lema “Non á violencia de xénero”.
O domingo 30 de novembro, ás 11:00 horas, na Praza da Mariña arrancará a IV Andaina contra a Violencia de Xénero, cun percorrido circular de 8 quilómetros e de baixa dificultade.
Os centros educativos do municipio tamén participarán nas iniciativas previstas. O luns 24 de novembro, o alumnado do CEIP Plurilingüe Os Castros e do CEIP Plurilingüe Vista Alegre gozarán da sesión de contacontos “Contos vellos, novos finais” da man de A Trastenda dos Contos. O martes 25 de novembro, o IES Monte Castelo e o IES Perdouro participarán na entrega dos roll-ups do 25N e o mosaico violeta co lema “Non á violencia de xénero”.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, insistiu en que “o 25N non é un día máis no calendario: é unha chamada á responsabilidade pública, política e cidadá para seguir loitando contra unha das violencias máis graves e máis silenciadas. Cada acción, por pequena que pareza, suma fronte á violencia de xénero. E en Burela queremos sumar sempre”.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández, sinalou que estas accións “buscan reforzar a implicación social fronte á violencia de xénero e facer visible o compromiso do Concello nestas datas”. Ademais, destacou a importancia da participación cidadá, explicando que “é fundamental que a veciñanza se sume ás iniciativas previstas, especialmente aos actos do día 25 e á andaina, que se consolidou como un evento de unidade e concienciación”.
As actividades están financiadas con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, coa colaboración da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



