Os doce deputados do Grupo Provincial Popular ausentáronse da súa bancada no momento de votar as contas provinciais para o vindeiro ano por que “non queremos, nin podemos, nin imos a ser cómplices desta treta ou engano aos lucenses”
Lugo, 25 de novembro de 2025. Os doce deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron hoxe o pleno provincial na votación dos orzamentos para 2026 “para non ser cómplices do sectarismo e falta de diálogo” de PSOE e BNG na elaboración das contas provinciais para o vindeiro ano.
Durante a súa intervención no pleno, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que “dicimos non a estes orzamentos porque Lugo merece máis e os lucenses merecemos respecto” por parte de PSOE e BNG, para explicar que se ausentan da votación do pleno “porque non queremos, nin podemos, nin imos a ser cómplices desta treta, deste engano aos lucenses”.
“A realidade é que a provincia non pode permitirse outro ano perdido baixo un goberno que non xestiona, non planifica e non cre no potencial de Lugo, que unicamente se preocupa por seguir comprando vontades políticas de afíns cada semana”, denunciou.
Antonio Ameijide expuxo no debate que “Lugo leva 18 anos soportando gobernos de PSOE e BNG sen proxecto, sen planificación e sen valentía, mentres a provincia precisa e reclama investimentos claros, actuais e transformadores”, unha reclamación ante a que “José Tomé, PSOE e BNG só ofrecen o contrario: sectarismo, amiguismo e parálise”.
Dende o Grupo Provincial Popular afirman que “non queremos nin podemos ser cómplices da opacidade, da falta de oportunidades que semana tras semana negan aos lucenses en xunta de goberno”. Neste senso, Antonio Ameijide confirmou que “a día de hoxe xa van, polo menos, 11M€ en convenios a porta pechada cada venres unicamente para menos da metade de veciños da provincia”.
“Non podemos ser cómplices do Goberno do desequilibro territorial, que mentres di apoiar aos concellos pequenos, a realidade amosa como os deixan abandonados. Como tampouco imos a ser cómplices das mentiras como forma de goberno, de dicir na rolda de prensa que van a abrir dúas residencias e na realidade non figurar orzamento nin para abrir unha”, denunciou.
“PSOE E BNG TEÑEN Á PROVINCIA PEOR QUE NUNCA”
Antonio Ameijide denunciou durante o pleno “o abandono” ao que PSOE e BNG someten á provincia, “especialmente a máis da metade dos veciños, unha situación da que non podemos ser cómplices”.
A realidade é que nos últimos 18 anos, PSOE e BNG xestionaron máis de 2.000M€ “e teñen á provincia de Lugo peor que nunca, non imos ser cómplices do seu afundimento e de que queiran arrastrar á provincia”.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



