Lourenzá, 3 de novembro de 2025. O PP de Lourenzá advirte da “mala xestión continuada” do punto limpo municipal por parte do goberno local socialista, que está a provocar unha situación de abandono e descontrol que afecta tanto ao medio ambiente como ao peto dos veciños e veciñas do concello.
Os concelleiros populares explican que “nos últimos meses non se realizan os servizos de recollida de forma regular, acumulándose lixo e materiais fóra do recinto. Ademais, prodúcense queimas incontroladas de plásticos, madeiras e outros residuos, o que supón un grave risco ambiental e sanitario pola liberación de produtos químicos perigosos”.
O PP critica tamén que non se respectan os horarios establecidos e que o punto limpo carece de vixilancia adecuada e que a alarma leva anos sen funcionar facilitando a entrada de persoas alleas ás instalacións.
“A consecuencia desta desidia”, advirten “o Concello de Lourenzá acaba de pagar unha multa de máis de 5.000 euros pola súa mala xestión, unha sanción que sae directamente do peto de todos os laurentinos”. Isto súmase a uns recibos do lixo cada vez máis elevados, “o que supón unha dobre penalización para os veciños”.
O Partido Popular cre que, “se o goberno local continúa con esta nefasta xestión, seguiran chegando novas sancións, que todos os laurentinos teremos que asumir. Uns cartos que non deberían destinarse a pagar multas, senón a mellorar as estradas, as pistas forestais, o alumeado público e os servizos ás persoas dependentes, entre outras necesidades reais do municipio”.
Desde o Partido Popular de Lourenzá esixen “unha actuación urxente e unha xestión responsable do punto limpo”, en beneficio do medio ambiente e de todos os veciños.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



