O Burela remonta unha primeira parte complicada para o conxunto laranxa sobrepoñéndose na segunda parte ante un competitivo Esplugues
Burela, 3 de novembro, 2025. Partido decisivo para o conxunto de Belén Feal no que as burelás logran puntuar e iniciar o merecido “descanso” durante o parón do Mundial, que servirá a un equipo que evoluciona moi favorablemente para continuar adestrando e preparando o resto da tempada, tras 9 xornadas nas que comezaron enfrontándose aos retos máis complicados do curso e remataron da mellor forma, puntuando nos últimos catro partidos consecutivos.
Falamos coa técnica ferrolá sobre o encontro do domingo e sobre como afrontarán o próximo mes de parón polo Mundial de Filipinas.
Valoración do encontro ante o Penya Esplugues
A adestradora analiza un encontro no que non fixeron boa primeira parte, pero remontaron na segunda aproveitando os escasos erros do rival, “o máis positivo foron os tres puntos, conseguir remontar no segundo tempo, xa que creo que fixemos unha primeira parte moi mala. En comparación co outro equipo creo que elas foron superiores e que se veu o traballadas que están. Nós non fumos capaces de poñer en práctica o traballo da semana e que levamos facendo durante as dúas últimas semanas contra dous rivais que sabíamos que apretaban moito. A nosa intención era o mesmo, saír á presión moi intensas, moi agresivas e na primeira parte non corrimos o suficiente e fixéronnos moito dano ás espaldas, sendo rápidas e xerando moitas ocasións. A primeira parte foi mala, pero no descanso si que houbo un toque de atención, correximos ese tipo de cousas que eu creo que todas estabamos vendo, pero sobre todo fixémoslles ver ás rapazas que era un partido clave, un partido moi importante, xa que Penya é un rival directo, un recén ascendido e nós tiñamos que dar a cara, tiñamos que dar máis. Na segunda parte saímos a competir e interpretamos mellor o partido, aproveitamos as nosas ocasións e é certo que elas tampouco tiveron fortuna. Creo que Ana Eliza estivo acertadísima, o certo é que nos sostén, xa non só neste partido senon en todos os que puntuamos e incluso nos que non o fixemos, conseguíu manter ao equipo e permiteunos competir en certos momentos de moitos partidos e nestes últimos catro axudounos a puntuar, así coma o resto de xogadoras da plantilla, que tamén aportaron, están dando un pasiño adiante e máis coa ausencia de Silvia que tamén se nota moito”.
Un descanso moi merecido para todo o equipo
Belén ve de forma positiva o traballo realizado ata agora e o descanso do parón, que servirá para recargar pilas e continuar evolucionando, “o bo é que de cara ao parón, con esta vitoria e con esta racha de catro partidos creo que o equipo, coa xuventude que ten, vai ser algo moi positivo. Merecían un descanso, elas e o corpo técnico tamén, xa que levamos traballando bastante dende que empezamos en agosto. Creo que vai ser un punto de inflexión para seguir medrando. Un pouco o que dixemos ao final do partido, deste nivel non vale baixar e non nos podemos permitirnos facer unha primeira parte coma a do domingo. Creo que nos van vir ben estes días de descanso e retomar o parón con moitísimas ganas, xa temos todo planificado ata xaneiro. A seguir”.
Ficha Técnica AE Penya Esplugues 2-3 CD Burela FS
Penya Esplugues (2): Julia Sanz; Mireia, Celia, María Pilar, Laia Haro –cinco inicial- Miriam, Clara, Lara, Laia Beltrán, Julia, Sheila, Laura Boix y Coral.
Burela FS (3): Ana Eliza; Cris Blanco, Irene, Lara, Syrorenko –cinco inicial- Gabi, Laura Barranco y Sandra.
Goles: 1-0, min. 7: Laia Beltrán; 2-0, min. 16: Clara; 1-2, min. 25: Irene: 2-2, min. 27: Lara; 2-3, min. 39: Sydorenko
Árbitros: Bernardo Simón e Arnau Ayala. Mostraron cartulina amarela á visitante Laura Barranco.
Incidencias: Partido da novena xornada da Primera División Iberdrola FS disputado en Les Moreres.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.


