A moción do PSdeG instaba á construción dunha pasarela cuberta no CEIP Aquilino Iglesia Alvariño para protexer ao alumnado das inclemencias meteorolóxicas
Abadín, 12 de novembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Abadín, a través do seu voceiro Pablo Díaz, denuncia a actitude “absolutamente ditatorial” do alcalde, Xosé María López Rancaño, no Pleno extraordinario celebrado este luns, no que impediu o debate dunha moción presentada polo PSdeG sobre a seguridade e o benestar dos nenos e nenas do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño.
Segundo explican os socialistas, tras a lectura da moción -que propoñía instar á Xunta de Galicia á construción dunha pasarela cuberta entre a parada dos autobuses e o patio do colexio-, o alcalde respondeu limitándose a afirmar que non era competencia municipal e que o asunto xa fora remitido ao Consello Escolar, negando así o dereito da oposición a debater, rebater ou matizar a proposta.
No momento en que o voceiro socialista intentou intervir, Rancaño interrompeuno e impediulle falar, dando paso directamente á votación, “pisando a palabra” de Díaz e poñendo fin ao debate de forma autoritaria.
Pablo Díaz foi contundente: “O que vivimos en Abadín é unha ditadura. Rancaño utiliza o pleno como un espazo de censura, non de debate. Leo a moción, el contesta e non nos deixa rebater, rectificar, nin opinar. Isto non é democracia, é autoritarismo”, denunciou Díaz.
O voceiro socialista lembra que a moción “non buscaba ningún conflito político”, xa que tiña como obxectivo garantir a saúde e a seguridade do alumnado do único colexio do municipio. “Falamos dunha proposta pensada para protexer aos nenos das choivas e do frío cando baixan do autobús. Non é unha cuestión partidista, é unha cuestión de humanidade. Pero o alcalde, coa súa soberbia, nin sequera permitiunos falar”, afirmou Díaz.
Tras o Pleno, o voceiro socialista presentou unha solicitude de información ao alcalde para comprobar se é certa a resposta ofrecida, xa que asegurou que o Consello Escolar xa tramitara a petición á Consellería de Educación. “Queremos saber se realmente existe ese escrito ou se foi outra mentira para xustificar a súa censura”, explicou.
O PSdeG-PSOE de Abadín considera este episodio “unha nova mostra da deriva autoritaria dun alcalde que non soporta o control nin o debate político”. “Rancaño goberna como se isto fose o seu feudo persoal, sen respectar as normas nin a democracia. Converte os Plenos en monólogos e impón a súa vontade silenciando á oposición e á veciñanza”, denunciou.
Os socialistas advirten que non se pode normalizar este comportamento e reclaman respecto ás regras democráticas e ao dereito da oposición a exercer a súa labor de control. “En Abadín vivimos nunha ditadura a nivel local. E mentres tanto, os problemas reais, como a seguridade dos cativos ou o estado dos servizos públicos, seguen sen resolverse”, concluíu o voceiro socialista.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



