Rosana Pérez demanda un plan propio de axudas da Xunta de para paliar os efectos dos recortes no abadexo, o linguado, o xurelo, a xarda e o lirio
Santiago de Compostela, 25 de novembro, 2025. O BNG acadou unanimidade no Parlamento para que a Xunta de Rueda lle reclame ao Goberno central que presione na UE ante os previsíbeis recortes de Totais Admisíbeis de Captura (TACs) e cotas para 2026 propostos pola Comisión Europea que se decidirán no Consello de Ministros de pesca da UE o 11 e 12 de decembro.
Para a responsable de Mar do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, esta medida sería outra “volta de porca para a frota galega”, polo que–engadiu– “votamos en falta un goberno español que se plante no Consello de Europa, que vete as decisións que haxa que vetar e que impida a toda costa que a frota galega non sexa viable, porque o é por propios méritos e por o seu propio esforzo”.
Ademais, o BNG demanda á Xunta un plan propio para paliar a posible redución de cotas para unha frota que leva anos soportando recortes, vedas e limitacións que fan cada vez máis difícil manter a actividade, con custos crecentes que superan en moitos casos os ingresos. A proposta comunitaria para 2026 mantén conxelada a cota de pescada en augas ibéricas, prevé unha suba do 12% para o rapante e un recorte do 2% para o peixe sapo–cando este ano experimentaron incrementos na cota do 22.8% e do 16,8% respectivamente–, pero introduce reducións especialmente graves en especies de alto interese para Galiza, como o 26% de recorte no abadexo, o 28% no linguado e o 5% no xurelo entre Fisterra e o Golfo de Cádiz.
Na iniciativa do BNG expoñíase que a maior intranquilidade para o sector chega polas recomendacións científicas que apuntan a un recorte do 70% na cota de xarda, que afectaría de cheo á frota do cerco, e dunha redución do 41% no lirio, de grande impacto no arrastre de litoral, nun contexto no que xa se sofren vedas en 87 zonas que mesmo poderían ampliarse. Isto supón un durísimo golpe para o sector, agrava a escaseza de cotas nas principais especies e non ofrece garantías de futuro nin para a frota nin para as comunidades costeiras que viven do mar.
É por iso que o BNG, na iniciativa, reclamaba que defenda unha posición que asegure a viabilidade e a sostibilidade da actividade pesqueira galega, esixindo que se cumpran os criterios fixados pola sentenza do Tribunal de Xustiza da UE do 11 de xaneiro de 2024, que obriga a ter en conta non só as cuestións medioambientais senón tamén as sociais e económicas na fixación das cotas.
Demanda ademais vetar calquera redución de cotas que non se axuste a esta sentenza ou que afecte de maneira grave á frota galega, especialmente á de baixura, así como avanzar en medidas de cobertura económica para os barcos que se poidan ver obrigados a parar pola redución de posibilidades de pesca.
Ademais, o BNG propón que a Xunta inste a UE a impedir dunha vez por todas a entrada no mercado europeo de xarda e xurelo procedentes de países do norte de Europa que se autoasignan cotas á marxe dun reparto equilibrado, e que o Estado leve a cabo unha xestión interna das cotas que evite distorsións entre os distintos territorios do Estado e non favoreza a especulación nin a discriminación da frota galega.
Por último, a iniciativa reclamaba que o Goberno galego planifique xa un plan propio de axudas económicas para o sector pesqueiro, complementario ás posibles convocatorias estatais, co obxectivo de amortecer o impacto de novos recortes de TACs e cotas que poidan acordarse na cita de decembro en Bruxelas.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



