Viveiro, 19 de novembro, 2025. Desde o Grupo Municipal Socialista de Viveiro valoran positivamente que a alcaldesa se mova e pida investimentos para a cidade. A recente reunión na Deputación de Lugo co vicepresidente, para tratar asuntos deportivos e culturais, é un paso importante. “Sempre é necesario reclamar recursos para o noso Concello”.
O silencio ante a Xunta
“O que sorprende é que estes movementos só se dirixan á Deputación, mentres que a Xunta de Galicia, responsable de competencias clave, non recibe ningunha esixencia. Durante meses, as múltiples viaxes da alcaldesa a Santiago traducíronse en fotos, pero non en proxectos concretos para Viveiro”, explican desde o PSOE local.
Promesas incumpridas
• Humanización do muelle de Viveiro: anunciada con 1,8 millóns de euros, só conta con 165.000 nos orzamentos da Xunta para 2026.
• Variante de Viveiro: prometida con 10 millóns, reducida a 4 millóns, compartidos coa Vac Costa Norte. Unha cifra insuficiente para avanzar nesta obra clave.
• Conservatorio Profesional de Música: competencia da Xunta, sen compromiso real nin proxecto en marcha.
Deputación si, Xunta non
“Cada vez que Viveiro precisa investimentos, a alcaldesa recorre á Deputación. Pero non esixe á Xunta os compromisos que lle corresponden. Viveiro necesita proxectos reais e un goberno municipal que reclame onde realmente debe facelo”.
Compromisos pendentes
O PSOE de Viveiro lembra que o acordo da moción de censura, apoiada por Por Viveiro, incluía 6 millóns de euros para a cidade por parte da Xunta. “Ata o de agora, só temos fotos con conselleiros, pero ningún proxecto comprometido2.
“Viveiro merece compromisos reais, non anuncios baleiros”, conclúen.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



