Lourenzá, 15 de decembro de 2025. Na tarde do pasado sábado, 13 de decembro, nunha gala con gran afluencia de público, foron entregados os premios de VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra A xuntanza, da compañía El Ruiseñor, de Culleredo, recibiu o premio Conde Santo á mellor representación. Así mesmo recolleron o premio á mellor posta en escena e o Lourenzo ao mellor actor, que recaeu en Fernando Moares.
O grupo Ollomao, de Barreiros, coa obra Dona Clara, recibiu o premio especial do público e Patricia Pérez o premio Ana á mellor actriz. O premio ao mellor actor de reparto foi para Quequé Mareque, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol, e o de mellor actriz de reparto para Nerea Acebo, de Imaxina-T, de Narón.
A gala foi presentada pola actriz laurentina Carmen de Picoaga, que tamén participou na obra Julieta en verano, representada polos grupos gijoneses Luz de Gas e El Callejón del Gato.
O Concello de Lourenzá agradece a asistencia dos veciños e veciñas tanto á gala como as distintas representacións que se levaron a cabo durante os sábados e domingos do mes de novembro no Multiusos Ponte de Cuñas. Tamén destaca dunha maneira especial “o difícil traballo realizado polo xurado encargado de valorar e premiar as distintas obras presentadas a concurso, todas elas dunha gran calidade”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



