Viveiro, 30 de decembro, 2025. O BNG de Viveiro votou en contra dos orzamentos municipais para 2026 presentados polo Partido Popular ao considerar que se trata duns orzamentos sen proxecto político, sen planificación e que incumpren compromisos adquiridos coa veciñanza.
Desde o Bloque recoñécese o esforzo técnico do persoal municipal por traer os orzamentos en tempo e forma, tal e como fora solicitado. Porén, a nivel político, os documentos presentados son os orzamentos dos incumprimentos, da improvisación e da falta total de xestión.
Non aparece consignación para actuacións fundamentais como o abastecemento e saneamento, a reforma da Praza de Abastos ou a captación de empresas. Tampouco figuran os máis de 370.000 euros comprometidos polo Partido Popular para o Conservatorio, unha partida clave que permitiría, entre outras cousas, reducir os atrasos no pagamento ao persoal e avanzar noutros proxectos estratéxicos para o concello.
“Os orzamentos carecen de proxectos propios definidos, non contan con convenios asinados nin cunha folla de ruta clara. As poucas inversións recollidas son herdadas do goberno anterior e aínda pendentes de executar, como o saneamento nas Aceñas”.
“A tal punto chega a falta de planificación que o propio goberno recoñece non saber en que investir os fondos de compensación ambiental”.
Ademais, o Partido Popular volve apostar polas subvencións nominativas “a dedo”, excluíndo entidades do tecido asociativo sen criterios claros nin concorrencia competitiva. Hai asociacións que dinamizan o concello durante todo o ano que quedan sen apoio económico, mentres o goberno municipal non dubida en apropiarse das súas actividades como se fosen programación municipal propia.
O BNG tamén denuncia o malgasto de fondos públicos, como o feito de pagar dúas veces por unha auditoría de servizos enerxéticos xa existente, nun uso irresponsable do diñeiro de todos e todas que require explicacións e responsabilidades políticas.
A todo isto súmase unha cuestión especialmente grave: o pleno no que se debateron e votaron os orzamentos desenvolveuse sen gravación nin emisión á veciñanza, rompendo coa práctica habitual de transparencia. A sesión foi improvisada na sala de Xuntas, cando existían alternativas como o Conservatorio ou o Teatro, xa utilizados noutras ocasións. “As condicións foron tan lamentables que os propios concelleiros nin sequera podiamos vernos as caras, sentados dándonos as costas uns a outros, amontoados e sen as mínimas garantías para un debate democrático e público” criticou Cotelo.
Cómpre lembrar que nos anteriores orzamentos o BNG optou pola abstención, dando un voto de confianza a un goberno que levaba pouco tempo. A pesar diso, o Partido Popular anunciou falsamente unha aprobación por unanimidade. “Advertimos daquela que esa empatía non se repetiría. Estes orzamentos non cumpren compromisos, non presentan proxecto político, reparten subvencións de maneira arbitraria e malgastan fondos públicos. Por todo iso, o BNG votou en contra” sentenciou a portavoz que conclúe conque “Viveiro merece planificación, seriedade, respecto polo diñeiro público e transparencia democrática. E o Partido Popular, a día de hoxe, non ofrece nada diso”























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



