O BNG continúa coa súa campaña reivindicativa neste concello
Xove, 31 de decembro, 2025. O BNG de Xove colocou esta mañá unha pancarta reivindicativa na ponte de Pumariño para reclamar unha planificación seria e ambiciosa das infraestruturas viarias da Mariña, sumándose ás accións impulsadas polo BNG noutros concellos da comarca.
O PP non dá resposta ao problema estrutural de consexión viaria da Mariña
A portavoz municipal, Pilar Vázquez, explicou que esta iniciativa responde á preocupación polo rumbo que están a tomar os proxectos anunciados recentemente pola Xunta en Viveiro, “que volven apostar por solucións parciais e de curto alcance, afastadas das necesidades reais da comarca”. Segundo indicou, estas propostas “non dan resposta ao problema estrutural da conexión viaria da Mariña nin cumpren coas expectativas xeradas durante décadas”.
Desde o BNG de Xove lembran que foi durante o goberno bipartito da Xunta, no que o BNG tivo responsabilidades, cando se aprobou a variante de Xove, unha actuación concibida para mellorar a seguridade viaria, reducir o tráfico pesado polo núcleo urbano e avanzar nun corredor de altas prestacións para a costa norte. “Aquel modelo partía dunha visión global do territorio, fronte á improvisación coa que actúa hoxe o goberno da Xunta do PP”, sinalou Vázquez.
Os gobernos do Estado e da Xunta deixan á Mariña en clara desvantaxe
A portavoz nacionalista incidiu tamén na responsabilidade compartida das distintas administracións. “Mentres o goberno da Xunta do PP presenta proxectos que rebaixan prestacións e expectativas, o goberno do Estado do PSOE continúa sen avances reais nas infraestruturas da súa competencia, como a autovía A-74. Esta falta de compromiso conxunto acaba deixando á Mariña nunha posición de clara desvantaxe”, afirmou.
Xove, sen infraestruturas para o desenvolvemento industrial
Finalmente, Pilar Vázquez subliñou que o atraso na industrialización de Xove é
consecuencia dunha suma de factores acumulados ao longo dos anos.
“Xunto coa situación do dique norte de Morás, que segue sen desbloquearse, e cunhas infraestruturas viarias claramente insuficientes, estamos ante unha combinación de condicionantes que frean o desenvolvemento industrial do noso concello”, explicou. A portavoz do BNG engadiu que “este escenario foi tolerado durante anos polos distintos alcaldes da zona e, de maneira especial, polo rexedor actual, que asumiron esta situación sen esixir solucións aos diferentes gobernos”.
Acto público en Viveiro o venres 9 de xaneiro
Neste contexto, o BNG lembra que o venres 9 de xaneiro, ás 19:00 horas, terá lugar na sala multiusos do concello de Viveiro un acto público aberto no que se analizará a situación das infraestruturas na Mariña, coa participación de distintos sectores sociais. No encontro intervirán a portavoz municipal de Viveiro Iria Cotelo, o deputado no Congreso Néstor Rego, o deputado no Parlamento galego Daniel Castro e o concelleiro Seve Salgueiro






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



