Lugo, 30 de decembro, 2025. O grupo provincial do BNG non asistiu ao pleno extraordinario celebrado esta mañá na Deputación de Lugo baixo a presidencia de José Tomé. A formación nacionalista mantivo a posición adoptada nas últimas semanas nas que non participou en ningún órgano de goberno presidido por Tomé.
A portavoz Iria Castro reiterouse na tolerancia cero contra a violencia machista que guiou ao grupo provincial tras coñecerse a denuncia por acoso sexual presentada contra José Tomé nunha canle interna do Partido Socialista e que desembocou na súa renuncia definitiva ao cargo, oficializada esta mañá.
A deputada nacionalista lembrou que o BNG actuou desde o primeiro momento con contundencia, esixindo a dimisión de José Tomé dos seus cargos e reclamando tamén ao Partido Socialista a súa renuncia á acta de deputado provincial.
O grupo nacionalista refrendou esta posición tamén no pleno ordinario celebrado tras facerse efectiva a dimisión, votando a favor da moción de reprobación de José Tomé, presentada polo Partido Popular.
Na sesión, a portavoz nacionalista contrapuxo a coherencia e firmeza do BNG ao “carroñeirismo político” do PP, que se sumou a esta esixencia días despois cando decidiu utilizar “este caso para tratar de chegar ao goberno da Deputación de Lugo”. “Piden cabezas cando os acusados son outros, mentras despiden aos seus entre aplausos”, lembrou en referencia ao ex-conselleiro Alfonso Villares, para poñer de manifesto a hipocrisía política dos populares.
Periodo transitorio ata a elección de nova presidencia
A dimisión de José Tomé abre un periodo transitorio no que Efrén Castro asume a presidencia en función da Deputación de Lugo. O deputado nacionalista, ata agora vicepresidente, asume o cargo ata o vindeiro 14 de xaneiro, data na que se prevé, dacordo co regulamento, un pleno para a elección dunha nova presidencia.
“Coa dimisión de Tomé ábrese un tempo novo, temos catorce días para devolver a normalidade ao funcionamento desta institución. O BNG vai traballar niso”, sinalou Efrén Castro á entrada do pleno ordinario, no que actuou como presidente.
























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



