Burela, 20 de decembro, 2025. A eterna Laranxa, Peque, disputou este sábado o seu último partido profesional aos 38 anos, precisamente ante o club no que medrou e ao que contribuíu a facer grande durante boa parte da súa carreira. O encontro, que coincidiu en horario co partido do equipo masculino, xogouse ás 12.00 horas no pavillón Jara Carrillo de Alcantarilla.
Tras o 7-0 final, a adestradora do Reyco Burela FS, Belén Feal, explicou que o equipo “entrou ao partido sen a tensión necesaria”. “Encaixamos no primeiro minuto e a tónica da primeira parte foi esa. Non interpretamos ata o 4-0 como tiñamos que sacar o balón e cal era a intensidade que necesitábamos”, sinalou.
Feal destacou tamén a mellora tras o descanso: “Intentamos aproveitar a segunda parte para traballar e que nos valera, saíndo mellor planteadas, con máis actitude e focalizadas en non deixarnos ir. Nese sentido podemos sacar que, a pesar do resultado, traballamos ata o final”.
Ficha técnica
LBTL Futsal Alcantarilla 7–0 Reyco Burela FS
LBTL Futsal Alcantarilla: Teresa; Ana Belén, Dany, Peque (C), Cami —quinteto inicial—; Bet, Miriam, Cristi, Paola, Lydia G., Toñi.
Reyco Burela FS: Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene —quinteto inicial—; Silvia Rubal (C), Gabi, Laura Barranco, Sydorenko, Mara, Lola (P).
Goles:
1-0, min. 1: Dany.
2-0, min. 9: Dany.
3-0, min. 9: Cami.
4-0, min. 10: Toñi.
5-0, min. 15: Dany.
6-0, min. 25: Cristi.
7-0, min. 29: Ana Belén.
Árbitros: Adrián Moñino Pedreño, José Javier Navarro Guardiola e María Dolores Martínez-Iglesias.
No Reyco Burela, dúas amarelas para Sandra (3’ e 15’).





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



