Viveiro, 20 de decembro, 2025. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) continúa cun amplo programa de actividades, sorteos e propostas para dinamizar a vila nestas datas festivas.
Calendario de Advento: premios diarios ata o 24
O exitoso sorteo do Calendario de Advento do comercio local segue en marcha ata o 24 de decembro. Ata o momento xa se repartiron 19 premios, entre eles cestas de Nadal, lotes doces, xamóns, produtos de porco celta, caixas de peixe e marisco, tratamentos de beleza e benestar ou décimos de lotería. Cada día entrégase un premio valorado en 100 euros.
A Casita de Papá Noel, do 21 ao 24 na Praza Maior
A tradicional “Casita de Papá Noel”, instalada na Praza Maior, abrirá do 21 ao 24 de decembro en horario de 17:00 a 20:00 horas.
O día 24, Papá Noel percorrerá a vila en cabalgata desde a explanada da Variante ás 17:00 horas ata chegar á Praza Maior, onde recollerá cartas e atenderá as peticións dos máis pequenos.
Os negocios asociados ao CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos e nenas, lembrando a importancia de mercar os agasallos no comercio local. Ademais, este ano instalouse un buzón xigante ao carón da Casita para depositar as cartas fóra do horario de apertura.
Un clásico do Nadal en Viveiro
A visita á Casita de Papá Noel é xa unha cita imprescindible para centos de familias da comarca, que cada ano se achegan á vila cheas de ilusión.
Obradoiro de Música Electrónica
Na última semana do ano celebrarase un Obradoiro de Música Electrónica impartido polo DJ e produtor Karras Martínez. Tras o éxito da pasada edición, a actividade repítese para ofrecer aos mozos e mozas a oportunidade de iniciarse na mestura nun ambiente creativo e participativo.
Sorteo de tres soldos de 1.200 euros o 4 de xaneiro
A partir do 26 de decembro comezarán a repartirse as rifas para o sorteo de tres soldos de 1.200 euros, que terá lugar o 4 de xaneiro ás 21:15 horas na Praza Maior.
Este ano o sorteo cambia de dinámica: instalarase unha urna na que o público depositará a parte das rifas coa numeración participante, garantindo así que os gañadores estean presentes na praza. Elimínase o tradicional sistema de extracción número a número.
O evento estará presentado, un ano máis, por Dani Ríos, nunha edición que xa suma trece anos e que se consolidou como un dos grandes momentos do Nadal viveirense.
Tarxetas Regalo do CCHV
Para quen precise ideas de última hora, o CCHV ofrece as súas Tarxetas Regalo personalizadas, válidas en máis de 130 negocios asociados e sempre un acerto seguro.
Aperturas especiais
O comercio local de Viveiro abrirá de maneira extraordinaria os domingos 21 de decembro e 4 de xaneiro, facilitando as compras de Nadal e Reis.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



