Ribadeo, 20 de decembro, 2025. A folga convocada este sábado 20 no Hiper Eroski-Vegalsa de Ribadeo rexistrou un seguimento masivo, superando o 80% de participación —e máis do 90% se se exclúe o persoal de mando intermedio—, o que provocou un forte impacto no funcionamento do centro comercial.
Segundo informou a CIG, a gasolineira e boa parte das seccións de atención directa quedaron sen servizo, os pedidos online sufriron atrasos e en Información e Caixas formáronse longas colas a pesar da reubicación de traballadoras, incluíndo persoal directivo desprazado desde a sede central e departamentos como Recursos Humanos.
Mentres no interior se acumulaba o caos, ás portas do hipermercado boa parte da plantilla concentrouse durante a mañá para reclamar condicións laborais dignas.
A CIG-Servizos en Lugo A Mariña valorou a xornada como “un éxito”, tanto en Ribadeo como no resto de centros da provincia da Coruña. “A plantilla aguantou e aguantou, pero o vaso xa desbordou. Queda demostrado que está disposta a loitar polos seus dereitos”.
A mobilización enmárcase na campaña que o sindicato mantén en Vegalsa-Eroski, con concentracións en tendas de todo o país —tamén en Ribadeo o pasado agosto— para denunciar un convenio colectivo que consideran “dos peores do sector da alimentación”, tanto en salarios como en dereitos laborais. No caso do hipermercado, engaden, a precariedade agrávase polas xornadas parciais, horarios partidos, carga de traballo e a apertura de domingos e festivos “practicamente a cambio de nada”.
A folga foi convocada polo comité de empresa, no que a CIG conta con 4 das 5 delegadas. A presidenta do comité, Ana Vale, destacou que o resultado “reforza a postura de loita” das traballadoras. “A plantilla non vai permanecer máis tempo calada nin sumisa. Está disposta a loitar, e nós temos a responsabilidade de ser a súa ferramenta. Así que imos seguir”, advertiu.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


