Viveiro, 20 de decembro, 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou unha proposición aos Orzamentos Municipais de 2026 ao considerar que o documento elaborado polo actual equipo de goberno “carece de ambición, planificación e resposta ás necesidades reais do concello”.
Segundo o PSOE, as contas para 2026 non reflicten o “novo impulso” anunciado tras a moción de censura e manteñen un modelo continuista, sen unha estratexia clara de investimento nin unha planificación a medio e longo prazo.
Principais críticas dos socialistas
O grupo municipal sinala varias deficiencias no proxecto orzamentario:
• Exclusión de clubs deportivos e asociacións que non tiveron subvención nominativa en 2025, o que —advirten— xera desigualdades e debilita o tecido asociativo.
• Ausencia de axudas ás comisións de festas parroquiais e unha partida “insuficiente” para as festas do núcleo urbano, sen criterios equilibrados entre parroquias.
• Supresión de programas socioculturais de referencia, como Superarte, clave para a inclusión social, e a non incorporación da Xornada de Historia e Arqueoloxía Marítima de Viveiro, un evento consolidado e de proxección nacional.
• Escaseza de investimentos reais, recoñecida polo propio goberno local, e unha “dependencia excesiva” de convenios con outras administracións.
O PSOE considera prioritario avanzar en melloras en vías urbanas e rurais, accesos, saneamentos, asfaltados pendentes e actuacións en parroquias “historicamente esquecidas”.
Propostas do Grupo Socialista
O documento presentado polo PSOE inclúe varias modificacións para incorporar aos Orzamentos de 2026:
Partidas específicas para:
• As comisións de festas parroquiais.
• A recuperación do programa Superarte.
• A celebración da Xornada de Historia e Arqueoloxía Marítima de Viveiro.
• O reforzo das subvencións a clubs deportivos e asociacións, con criterios de equidade e transparencia.
Investimentos reais e planificados, entre eles:
• Asfaltado e limpeza das estradas do Xuncal, As Seixas e Albo (Valcarría).
• Actuación pendente en Escourido (Covas).
• Mellora da estrada desde o cruce da LU-P-6601 na Ameixoa ata a subida ao Pombal (Vieiro).
• Reparación da rúa Lavandeiras, en Celeiro.
• Arranxo da vía entre a Fonte de Verxeles e o Tanatorio (Xunqueira).
• Reparación integral da rúa Teodoro de Quirós, no casco histórico.
• Remate do asfaltado da rúa O Paraíso,
Conclusión dos socialistas
O PSOE de Viveiro defende que uns orzamentos municipais deben ser “unha ferramenta para mellorar a vida da veciñanza, fortalecer o tecido social e cultural e avanzar no desenvolvemento do concello”, e non un exercicio de continuidade “sen ambición política”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



