Roberto Rodriguez explicou que está a traballar no proxecto construtivo do treito San Sadurniño-Sanguiñeira e na continuidade do treito Celeiro-San Cibrao
Compostela, 2 de decembro de 2025. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Roberto Rodríguez, asegurou hoxe que a Xunta “está a avanzar no impulso da construción da vía de alta capacidade da Costa Norte” e concretou que neste momento está a traballar na actualización do proxecto construtivo do treito San Sadurniño-Sanguiñeira, que suporá un investimento superior aos 40 millóns de euros, e na continuidade do treito en servizo Celeiro-San Cibrao.
Roberto Rodríguez lembrou que na actualidade xa están en servizo dous treitos da VAC da Costa Norte: o que discorre entre Celeiro e San Cibrao, logo dun investimento de 50 millóns de euros realizado polo Goberno galego en plena crise económica; e a variante de Ortigueira, construído tamén en plena crise económica e que supuxo outro investimento de 50 millóns de euros.
“Para a continuación dos demais treitos, a Xunta presentou un plan de actuación aos alcaldes dos municipios afectados, co fin de consensuar unha proposta viable que teña en conta a realidade territorial, con actuacións a curto, medio e longo prazo”, sinalou.
OPOSICIÓN DO ANTERIOR GOBERNO DE VIVEIRO Á VARIANTE
Neste sentido, o portavoz popular lamentou que, na continuidade do treito Celeiro-San Cibrao, a variante de Viveiro “non avanzara na época na que máis recursos había pola irresponsabilidade do anterior Goberno municipal neste concello, que se opuxo á inclusión do enlace de Magazos no trazado desta variante, necesario para garantir a súa funcionalidade e para poder dividir a actuación en fases útiles por si mesmas”.
“Nas últimas semanas, o novo equipo de goberno de Viveiro interesouse de novo pola variante de Viveiro e ofreceu a colaboración municipal para avanzar, polo que confiamos que nos vindeiros meses haberá avances do mesmo xeito que os está a haber en case todos os eixos viarios de alta capacidade dependentes da Xunta”, apuntou.
Para rematar, lembrou que “a continuidade natural da VAC da Costa Norte na provincia de Lugo cara a A-8 é a A-74, unha autovía que depende do Estado e non ten ningún quilómetro do seu trazado en servizo, nin tampouco unha previsión de prazos para a súa execución”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



