Aínda non rematara de chegar o outono climatolóxico e meteorolóxico á Mariña, pois tiñamos unhas temperaturas máis propias do verán, cando o Concello de Ribadeo comenzou co esaxerado desmoche anual que, baixo o eufemístico nome de “poda”, ven facendo nistos últimos anos con algunhas das árbores da vila. Aínda estaban cheos de follas verdes e zume percorréndoos cando o sinistro son das motoserras podía escoitarse no parque de San Francisco, a rúa Alza e o camín do Cemiterio, entre outros lugares.
E é que parece que quedou ben claro cal é o programa do goberno municipal en materia medioambiental e de desenvolvemento urbano: eliminación paulatina das zonas verdes e pavimentación de todos os espazos posibles cunhas obras que cremos innecesarias.
Lembremos, por exemplo, as actuacións no colexio Gregorio Sanz, na praza de Pancho Maseda, entre o Concello e Aduanas, ou no parque de San Miguel; obras estas que, lonxe de mellorar os citados espazos, convertéronos en zonas inhóspitas impropias da verde Galicia.
O que dá a impresión que se persegue con estas “podas” parece que non é outra cousa que a morte natural das árbores para seguir eliminando espazos verdes. E iso cando non secan sospeitosamente, como está ocorrendo coas árbores que hai diante das vivendas sociais da rúa Clemente Martínez Pasarón, que van caendo dun en un, pois xa manifestou o alcalde que quería eliminalos e poder facer aí una rotonda ou explanada na que poideran poñerse os camións das orquestas e, deste xeito, poder seguir ofrecendo aínda máis circo –ou dinamizando, como se di agora– a un pobo que comenza a estar saturado de festas. Diso falaremos outro día.
Mais aínda gardaba outra sorpresa o Concello, moito máis grave que o antedito, e foi a eliminación da práctica totalidade das árbores de Cabanela e os seus aledaños, na zona da Cova da Vella. Non estamos falando de podas ou limpeza, senon da corta indiscriminada de árbores con mais de corenta anos, absolutamente sanos, e da eliminación de toda a vexetación que embelecía e daba personalidade á zona, e axudaba a manter os taludes sen desprendementos. Como unha imaxe vale mais que mil palabras, basta con ver algunha foto da desfeita ou, mellor aínda, dar un paseo pola zona. Con todo, hai una palabra que define por se soa o resultado da nefasta actuación, e esta palabra é desolación.
Seguramente o Concello escudarase nuns supostos “criterios e informes técnicos”, informes que ninguén veu ni verá, e que de existir estarán feitos ao gusto de quen os encarga e os paga.
A Plataforma en Defensa e Protección das Árbores continuará a protestar ante estes graves feitos, executados sen contar nin informar á veciñanza, e que están alterando moi significativamente a estrutura e a imaxe da vila cun impacto, ademáis, a moi longo prazo, pois o que o Concello está a desbaratar en pouco mais dun ano, terá efectos durante ó menos corenta ou cincuenta anos comprometendo a varias xeracións de ribadenses.
Pola outra banda, chámanos poderosamente a atención tamén o silencio da oposición respecto a todo esto, e resistímonos a crer que sexamos só nós os que vemos a gravidade destas actuacións.
¿É esta desolación o que queremos para a nosa vila? ¿É esta una boa imaxe de cara o visitante?
Esperamos que a xente tome concincia e poidamos deter istos proxectos ou, cando menos, facelos menos agresivos co medio ambiente e a imaxe da vila. Non esquezamos que hai proxectos para substituir o valo perimetral do colexio Gregorio Sanz, arranxar a rúa Buenos Aires e non sabemos se a praza de España, como xa ameazouse, e esperamos que non se convirtan noutros episodios de talas masivas e indiscriminada como esta de Cabanela.
Javier Ginés Abellán
Plataforma en Defensa e Protección das Árbores



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



