Os concelleiros esixen “transparencia” sobre o procedemento que está a custar diñeiro das arcas municipais podendo saírlles gratis nun momento no que “o goberno local se queixa continuamente de que non hai cartos para facer cousas porque o presuposto non da para máis”
Vilalba, 3 de decembro de 2025. O Partido Popular de Vilalba esixe explicacións á alcaldesa e ao goberno bipartito sobre o proceso selectivo para tres prazas de efectivos de Policía Local: “queremos saber que razóns ocultas hai detrás deste afán por asumir o control total dun procedemento que podería xestionarse de maneira independente e sen custe para o Concello”.
Os populares pregúntanse “por que o PSOE quere, agora que está no goberno, controlar o proceso selectivo cando antes estaba a favor de delegar o procedemento na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) que suporía gasto 0 para o Concello”.
O Concello aprobaba no Pleno de xaneiro de 2019 por unanimidade – votos a favor de tódolos grupos- adherirse a un convenio da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza -da que depende a AGASP- e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local que na súa cláusula 6ª di: “A Comunidade Autónoma asume o financiamento de todos os gastos derivados da xestión e desenvolvemento dos procesos selectivos”.
Despois de comprobar un gasto de arredor de 4.000€ no alugueiro de mesas e sillas ao que hai que sumar as dietas dos 5 membros do tribunal, os concelleiros do PP non poden entender como “tendo a posibilidade de facer un proceso selectivo sen custe para o Concello, o goberno decida afrontar este gasto económico”. Especialmente tendo en conta que “o goberno municipal se queixa continuamente de que non hai cartos para facer cousas porque o presuposto non da para máis”. Pero “a realidade é que cando teñen oportunidade de facer algo gratis, non o queren”.
Os populares preguntan ao goberno local por que non renovou a adhesión ao convenio que estaba vixente ata o 30 de xaneiro de 2023 e que permitiría aforrar custes neste proceso selectivo. E insisten en pedir “transparencia” especialmente tras coñecer que “algúns dos opositores presentaron formalmente alegacións contra o Tribunal seleccionado”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



