A programación deste mes complétase con múltiples actividades para todos os gustos e idades
Ortigueira, 3 de decembro de 2025. O Concello de Ortigueira presenta para este Nadal unha ampla programación cultural que promete encher as rúas do municipio de alegría e ilusión.
Concertos, maxia, teatro, cinema, talleres infantís, cabalgatas e propostas solidarias, son algunhas das actividades enmarcadas nesta ampla programación do Nadal.
O acto de inauguración, co aceso de luces do municipio, está marcado para o 6 de decembro, no Cantón. A partir das 17:30 h terá lugar a animación de rúa con Gamelas e Anduriñas e Troula do Ortegal para, ás 19:30 h, dar paso ao pregón a cargo do actor e historiador, Suso Martínez. En caso de meterología adversa, as actividades trasladaranse ao Teatro da Beneficiencia.
Tras o pistoletazo de saída, a programación arrinca co Obradoiro infantil Biblionadal 2025, que acollerá a biblioteca os días 9 e 16 de decembro, con pases ás 16:30 h e 18:00 h. Será necesario previa inscrición na biblioteca ou chamando ao 981 400 101.
Para o venres, 12 de decembro, a sede de ASPROMOR acolle o espectáculo de maxia do ‘Mago Ramón’, a partir das 12:00 h. Esta actividade está enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O sábado, día 13, a solidariedade será a base dunha xornada na que se celebrará o festival benéfico a favor de ASPROMOR, organizado polo coro de Espasante en colaboración co Concello de Ortigueira. Será a partir das 18:00 horas no Teatro dá Beneficencia.
Un día despois, o domingo 14, os veciños e veciñas poderán gozar dunha tarde de teatro coa obra ‘Castelao’. Unha función que levará a cabo a partir das 18:00 h no Teatro da Beneficiencia. Esta actividade está enmarcada na Rede Cultural dá Deputación da Coruña.
O martes, día 16, será xornada de teatro infantil, co espectáculo ‘Galitoon’ no edificio de Galiña Azul. Para o mércores 17, a biblioteca acollerá o Obradoiro infantil e festa do nadal, a partir das 17:00 h. Será necesario previa inscrición na biblioteca ou chamando ao 981 400 101.
O xoves 18 será xornada de concerto infantil, con Uxía Lambona e a banda molona. A cita será no Teatro da Beneficiencia, a partir das 12:00 h.
Continuando coa música, o día 19 terá lugar o concerto EMCO ‘Cantata de Nadal’ na Iglesia Snata Marta, a partir das 19:3 h.
O sábado, día 20, celebrarase a Cabalgata de Papa Noel no porto de Espasante, a partir das 17:30 h. Esta actividade está organizada pola comisión de Festas e Asociación de Veciños de Espasante.
Ese mesmo sábado Leticia Rey dará un concerto non Teatro da Beneficiencia, a partir das 20:30 h. c Esta actividade está enmarcada na Rede Cultural dá Deputación da Coruña.
Hai máis música preparada para o domingo 21, co Concerto de Nadal ‘Unplugged Claxxon’, a partir das 20:30 h no Teatro da Beneficiencia.
O martes 23, os máis peques da casa poderán gozar da Festa Infantil no pavillón polideportivo, con inchables, animación e talleres. A actividade celebrarase de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.
A solidariedade chegará o 26 de decembro da man do Festival Solidario, organizado pola Escola de Gaitas de Ortigueira, que se celebrará no Teatro da Beneficiencia a partir dás as 19:30 h.
Un día despois, o 27, o Teatro da Beneficiencia volverá encherse de música. Esta vez para o concerto de ‘Black, grandes éxitos da música negra’, a partir das 20:30 h e enmarcada no ciclo dinamizartj. Dentro deste ciclo, o sábado 3 de xaneiro, o mesmo recinto acollerá a función de circo-teatro ‘Las embotelladoras de sueños Hipnótica’, a partir das 18:00 h.
A sétima arte renderase culto o domingo 28, coa proxección da película ‘Pinocchio’, a partir das 18:00 h no Teatro da Beneficiencia.
Para pechar a programación, o luns 5 de xaneiro, terá lugar a Cabalgata de Reis Magos.
Outras actividades
Durante este mes, realizaranse, a maiores, diferentes actividades como as tradicionais Xanelas de Nadal, que xa empezaron co seu aceso e que se prolongará ata noiteboa; a papanoelada moteira o 20 de decembro, organizada por Moto club ‘Vos de sempre’; ou o Xantar – Concerto ‘A clave’ na residencia de maiores o luns 22, e que conta coa colaboración de Entre Fogóns. O venres 2 de xaneiro tamén terá lugar o Obradoiro infantil de manualidades, no centro social.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



