Xove, 2 de decembro, 2025. O Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, e do seu servizo de conciliación denominado, Xove Concilia, vén de abrir as inscricións, ata o vindeiro 13 de decembro, para o programa Xove Concilia Nadal 2025-2026. Este programa ofrece un servizo de conciliación familiar para a veciñanza con nenos e nenas de 3 a 10 anos, desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, ambos incluídos, desde as 8:45 ás 14:00 h. As familias que o necesiten facer uso do programa Xove Concilia Nadal, poderán realizar as inscricións achegándose ata a Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou ben a través da Sede Electrónica do Concello de Xove.
O servizo, levado a cabo por monitoras e monitores profesionais, contará con actividades lúdicas e educativas de calidade, que promoven valores saudables na ocupación do tempo libre durante o período das vacacións escolares de Nadal.
A Conciliación e a Corresponsabilidade nos usos do tempo son eixes principais e transversais nas políticas sociais do Municipio, desde onde se trata de avanzar cara unha organización social favorable a que mulleres e homes compaxinen en igualdade a esfera privada e a profesional. Deste xeito, desde o Concello de Xove póñense en marcha servizos públicos como o Xove Concilia, que trata de favorecer a conciliación nos períodos anuais de vacacións escolares, prestando apoio á xestión dos tempos familiares e laborais dos proxenitores.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



