A iniciativa faise eco do S.O.S lanzado polo sector pola falta de materia prima e o aumento de custes tras o impacto dos aranceis
Madrid, 2 de decembro de 2025. O Senado aproba unha iniciativa do Grupo Popular para demandar ao Goberno de Sánchez medidas específicas de apoio aos sectores máis afectados polos aranceis como é o caso da industria galega do aluminio.
O senador lucense José Manuel Balseiro aproveitou a súa intervención na Comisión de Industria da Cámara baixa para denunciar que con Sánchez “todo son boas palabras, pero ningunha acción” e lembrou os incumprimentos do PSOE cos traballadores de Alcoa. “Mantén bloqueados os parques eólicos, non mellorou o estatuto electrointensivo, non foi quen de garantir un marco eléctrico estable e competitivo para esta industria e tampouco apoiou, tal e como prometera, a construción do forno de cocción”.
MEDIDAS ESPECÍFICAS
“O tempo deunos a razón” indicou Balseiro tras lembrar que o PP se demarcou do decreto sobre os aranceis promovido polo Goberno Sánchez no mes de maio “e que se ten demostrado un fracaso”. Nese senso lembrou o recente S.O.S. que hai días lanzaba a principal asociación que agrupa á industria do aluminio galego e que alertaba pola falta de materia primara e o aumento de custes tras o impacto dos aranceis.
Desde o PP lembran que ata 80 empresas galegas exportas ou comercian co país norteamericano e hoxe vén como o Goberno non está ao seu carón. Por iso a iniciativa do PP pide que o Sánchez rectifique, cambien o rumbo, que recolla moitas das medidas previstas no plan alternativo proposto polos populares e que o Executivo estatal, poña en marcha medidas específicas de apoio para os sectores más afectados polos aranceis como é o do aluminio.
“DISPARATADA EMENDA DO PSOE”
Finalmente os populares lamentaron que o PSOE, en particular o senador galego César Mogo, que decidiu absterse, sexa incapaz de apoiar unha iniciativa en beneficio dun sector como o do alumino galego. Lembroulle que os socialistas rexistraron una emenda na que pedían recuperar o Real Decreto antiapagón, que nada ten que ver cos aranceis, derrogado no mes de xuño tras ser incapaz o Goberno Sánchez de acadar o apoio dos seus socios de lexislatura. En concreto, Junts, Podemos e o BNG votaron en contra desta normativa estatal. Tamén explicou que si o Goberno quere poñer en marcha o desconto do 80% no custe dos peaxes da industria electrointensiva pode facelo cando así o considere, pois só require de vontade e dun acordo do Consello de Ministros.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



