Viveiro, 6 de decembro, 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro manifesta publicamente a súa profunda preocupación pola forma na que a alcaldesa está a dirixir os plenos municipais. As últimas sesións amosan, con claridade crecente, unha deriva marcada polo sectarismo, a falta de respecto institucional e un uso discrecional da palabra que vulnera o funcionamento normal da corporación.
O PSOE considera especialmente grave a maneira de proceder da rexedora cando se realizan alusións a membros do seu goberno. Segundo denuncian, permítelles intervir sen ter a palabra, alterando o desenvolvemento regulamentario da sesión e convertendo o pleno nun espazo onde as normas só se aplican segundo a conveniencia política do executivo.
Pola contra, cando a alcaldesa realiza afirmacións sobre o Partido Socialista —moitas delas, segundo o grupo municipal, absolutamente falsas e doadas de desmontar— impídese ao PSOE responder, negándolle o uso da palabra mesmo cando está a ser acusado directamente. Para os socialistas, esta actitude evidencia unha clara vontade de impedir que se coñeza a verdade e de limitar a capacidade da oposición para exercer o seu labor de control democrático.
O grupo municipal denuncia tamén que a alcaldesa aproveita o seu papel de presidenta do pleno para pechar debates con intervencións de duración arbitraria e sen posibilidade de réplica. Consideran que se trata dun comportamento impropio dunha institución democrática e que supón un uso partidista e autoritario da presidencia.
Desde o PSOE de Viveiro lembran que, aínda que foron apartados do Goberno local mediante unha moción de censura, seguen representando a milleiros de veciños e veciñas do concello. Por iso reclaman o mesmo respecto institucional que calquera outro grupo político. O que está a suceder, afirman, non só incumpre o Regulamento Orgánico Municipal, senón que constitúe unha falta de respecto á corporación e á propia democracia municipal.
Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista pide á alcaldesa que rectifique, que respecte o regulamento e que trate a oposición coa dignidade que merece. “Gobernar non é mandar —sinalan—; gobernar é escoitar, permitir o debate e exercer a acción política con transparencia”. Uns principios que, lamentan, “hoxe brillan pola súa ausencia no Concello de Viveiro”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



