Viveiro, 13 de decembro, 2025. O Partido Socialista de Viveiro trasladou hoxe a súa máis sincera noraboa á Protección Civil de Viveiro, ao seu xefe, Manuel Expósito, e ao conxunto de voluntarios e voluntarias polo recoñecemento recibido no acto de entrega das medallas ao mérito da Protección Civil celebrado na Estrada.
Desde a agrupación socialista destacaron a importancia deste galardón, que consideran un xusto recoñecemento ao traballo constante, discreto e imprescindible que Protección Civil realiza ao longo de todo o ano, sempre ao servizo da seguridade e do benestar da veciñanza.
O PSOE de Viveiro lembrou tamén o esforzo extraordinario asumido polo colectivo durante o período no que o municipio permaneceu máis dun ano sen Policía Local. Nese tempo, Protección Civil garantiu a seguridade e a organización de numerosos eventos, festas e actos públicos. Ademais, a súa presenza foi determinante tanto en actividades de ámbito local como en citas de proxección internacional celebradas en Viveiro, onde demostraron compromiso, profesionalidade e unha clara vocación de servizo público.
A formación socialista puxo en valor o papel fundamental do xefe de Protección Civil, Manuel Expósito, así como o labor altruísta e exemplar de todas as persoas integrantes do servizo, cuxa dedicación representa un firme compromiso coa comunidade.
Este recoñecemento institucional supón, segundo o PSOE, un agradecemento merecido a un colectivo esencial para Viveiro, ao que a organización quixo sumar publicamente a súa felicitación e o seu respecto.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



