Ribadeo, 29 de decembro de 2025. O Concello de Ribadeo organiza moitas actividades para pasar este Nadal en familia.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explica que “hoxe e mañá, martes, na carpa instalada no parque de San Francisco teremos actividades infantís gratuítas pola mañá e pola tarde en horario de 12 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. As nenas e os nenos que se acheguen ata alí poderán gozar de chan interactivo, obradoiros e interactive dance mats”.
A concelleira de Familia, Elena Sierra, conta que “o cine tamén está presente na programación de Nadal do Concello de Ribadeo. Hoxe teremos as proxeccións de Tom e Jerry e tamén El gran premio, a partir das 17:00 horas en Cinelanda. E mañá, martes, San Simón e Bob Esponja, tamén ás cinco da tarde. O prezo da entrada é de 2 euros”.
Silvent subliña que “o que queremos con toda a programación deseñada desde o Concello de Ribadeo é axudar á conciliación laboral e familiar nestas datas nas que as nenas e os nenos están de vacacións escolares. Temos que lembrar que nas carpas de Rosalía de Castro seguen abertas a pista de xeo e o Ribaxogo, que un Nadal máis son un auténtico reclamo”.
Sierra engade que “na axenda aínda quedan máis citas importantes como os musicais dos que poderemos gozar os días 4 e 10 de xaneiro no auditorio municipal ás 17 horas. O primeiro será Aladdin e o segundo Mago de Oz. Animamos a todas as familias de Ribadeo e da contorna a achegarse a gozar de todas as actividades que atoparán para as súas nenas e nenos en Ribadeo durante este Nadal”.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



