A Comisión Executiva abordou as prioridades marcadas no Comité Provincial, a preocupación polo SAF trasladada na Executiva Nacional e a situación de Sargadelos como exemplo da ausencia de política industrial da Xunta
Lugo, 3 de decembro de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes unha nova reunión da Comisión Executiva Provincial, celebrada na sede do partido en Lugo, na que a dirección socialista definiu as prioridades inmediatas do partido tras o Comité Provincial do pasado sábado.
Avaliación política do Comité Provincial
A Executiva fixo unha valoración dos principais asuntos tratados no Comité Provincial, que puxo fin ao proceso congresual e abriu un novo tempo político no que o PSdeG de Lugo impulsará o reforzo territorial, a acción municipal e a defensa dos servizos públicos.
Tomé salientou que “o PSdeG de Lugo inicia unha nova etapa na que a prioridade é planificar, fortalecer o traballo nas comarcas e avanzar na coordinación municipal de cara ao novo ciclo político”.
A dirección provincial destacou tamén o avance dos encontros comarcais -A Mariña, Terra Chá, Suroeste, Lugo e Lemos- e confirmou que se completará o calendario pendente con Sarria e a Montaña nas vindeiras semanas.
SAF: alerta sobre a situación dos concellos e prioridade no debate político
No encontro, Tomé informou á Executiva Provincial dos principais asuntos abordados na Comisión Executiva Nacional Galega celebrada o luns en Santiago, cun foco especial na crítica situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que está a tensionar aos concellos pola falta de financiamento e polo traspaso encuberto de competencias da Xunta.
O líder provincial compartiu a preocupación manifestada polo Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quen advertiu de que “os concellos están ao límite: ou Rueda paga o que debe ou terá que explicalo ante a Xustiza”.
Tomé informou da convocatoria do Consello de Alcaldes e Alcaldesas, previsto antes de final de ano, no que este asunto se tratará como prioridade para “protexer os servizos públicos e o benestar da cidadanía”.
Tomé subliñou que “o PSdeG estará ao lado dos concellos, porque o que está en risco é a atención ás persoas dependentes e a capacidade dos municipios para manter un servizo esencial”.
Sargadelos: A Mariña como exemplo da ausencia dunha política industrial da Xunta
A Executiva abordou tamén a gravísima situación vivida en Sargadelos, onde durante varios días o persoal acudiu ao seu posto de traballo e atopou a fábrica pechada, sen explicacións nin garantías. Tomé trasladou que “o acontecido en Sargadelos é unha mostra máis da ausencia total dunha política industrial seria para a Mariña”, lembrando que a comarca acumula anos de incerteza con casos como o de Alcoa.
Os socialistas coincidiron en que “non é aceptable que a Xunta mire cara outro lado mentres se poñen en risco empregos, dereitos laborais e un patrimonio industrial e cultural esencial para Lugo”.
O PSdeG-PSOE reiterou o seu apoio absoluto ás traballadoras e traballadores de Sargadelos e insistiu en que a reapertura anunciada pola empresa “non resolve o sucedido nin garante estabilidade futura”, mentres o persoal segue sen explicación oficial e sen certezas sobre o seu futuro.
Tomé pechou o encontro cunha mensaxe de unidade e impulso, subliñando que “chegamos ao final do ano cun partido forte, coordinado e centrado na defensa dos dereitos da xente. En 2026 imos seguir centrados no traballo municipal e no contacto directo co territorio, porque Lugo merece moito máis do que está a recibir da Xunta de Galicia”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



