O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino felicitou este sábado aos corredores e corredoras desta proba que por primeira vez incluía unha categoría ultra de 58 quilómetros nunha fin de semana marcada polo mal tempo
Lugo, 31 de xaneiro de 2026. O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, recibiu este venres aos máis de 800 participantes da IV edición do Trail Terras de Burón. A edición máis dura desta carreira de Montaña incluía por primeira vez unha categoría competitiva en distancia ultra -58 quilómetros- nunha fin de semana marcada polas alertas de neve na Montaña.
Carlos López felicitou aos deportistas que participaron nas diferentes probas, unha andaina de 16 quilómetros, e tres competitivas: o Trailiño, de 18 quilómetros; o Trail das Seimeiras, de 30 quilómetros; e o Ultra Terras de Burón, con 58 quilómetros, a máis esixente para os corredores con 3.000 metros de desnivel positivo.
Trátase dun evento que continúa medrando ano a ano e que este ano superou a barreira das 800 persoas, o que para Carlos López é un sinal inequívoco de que está completamente asentado no calendario deportivo da provincia. “Esta proba repercute positivamente na economía local do concello e na promoción da Fonsagrada, pero tamén na de toda a Montaña”.
A Deputación colabora estreitamente coa entidade que organiza esta cita deportiva, o Club de Montaña Terras de Burón, ao cal achega 5.000 euros para a realización das súas actividades























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.


