O ataque das forzas estadounidenses en Venezuela o sábado 3-X , que resultou na captura de Nicolás Maduro e a a súa dona, Cilia Flores, constitúe unha flagrante violación do Dereito Internacional e un nidio “crime de agresión”, coas resultas do secuestro dun Xefe de Estado e da súa cónxuxe e a morte dunhas 40 persoas, militares e civís venezolanas, nunha acción militar non autorizada polo Congreso dos EUA e, xa que logo, inconstitucional tamén en termos do Dereito interno norteamericano.
Este crime internacional vulnera os principios de.
i) Soberanía e integridade territorial, pois que a Carta das Nacións Unidas, no seu artigo 2.4 prohibe o uso da forza contra a integridade territorial ou a independencia política de calquera Estado.
ii) Inmunidade de Xurisdición, xa que, segundo o Dereito consuetudinario internacional, a xurisprudencia de case todos os Estados da Comunidade Internacional e case a totalidade da doutrina científica. os Xefes de Estado en funcións (e mesmo despois de cesar por actos desenvolvidos in office) desfrutan de inmunidade absoluta fronte á xurisdición penal doutros Estados. Velaí a xurisprudencia do Tribunal Supremo do Reino Unido a respecto das acusacións penal contra Pinochet e civil contra Juan Carlos de Borbón mesmo despois do cesamento en cadansúas funcións de Xefe de Estado.
A falla de recoñecemento por parte dos EUA (que deu gañador ao candidato Edmundo González Urrutia), a Unión Europea (UE), o Estado español, Brasil, Colombia, Chile ou México (que non recoñeceron gañador a ninguén) dos resultados electorais das eleccións presidenciais de xullo de 2024 non prexudica esta conclusión xurídica. Nicolás Maduro era o 3-X Xefe de Estado recoñecido pola ONU, que dirixía as misións internacionais e controlaba de xeito efectivo a totalidade do territorio. Xa que logo, malia poder ser discutíbel a súa lexitimidade era evidente a súa inmunidade.
iii) Ausencia dun mandato da ONU nin de declaración de guerra polo Congreso EUA, pois que para que unha intervención militar sexa legal baixo o dereito internacional, debe ser en lexítima defensa (logo dun ataque previo) ou estar autorizada polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Ningunha destas condicións se cumpriu neste caso. Tampouco se cumpriu a autorización do Congreso para desenvolver unha acción militar contra outro Estado soberano, a chamada “war powers resolution”.
iv) Violación do Dereito Internacional de Extradición. O prendemento legal de Maduro e Flores constitúe un secuestro de Estado. Neste senso, o pretexto do xeneral Dan Caine, xefe do Comando Conxunto das Forzas Armadas EUA-deitada no decurso da rolda de prensa deste 3-X- de que a acción militar constituía a execución dun mandato do Departamento federal de Xustiza para que as persoas prendidas compareceran perante un Tribunal federal de New York coa fin de atender acusacións de tráfico de drogas non atura a máis lixeira análise. Abondou constatar como, antes e despois da súa intervención, o seu comandante en xefe, Donald Trump referiuse á verdadeira razón deste crime de Estado: controlar e explotar, no propio beneficio, as reservas inxentes de petróleo venezolano.
Sen entrar en consideracións éticas nin de prognose política que sobordan os marcos deste artigo, esta acción criminal require dunha axeitada resposta por parte das potencias que poden dala. Nomeadamente da Unión Europea, que condenou implícitamente a agresión tanto a medio da súa actual e pasado responsábel de Exteriores como da presidenta da Comisión Europea e do presidente do Consello Europeo.
Porén, a agresión é tan letal e definitiva para a legalidade internacional que, ha ser axeitada e expresamente respostada pola Unión Europea e os seus socios europeos e americanos que partillan valores xurídicos comúns (é dicir Australia, UK, Canadá, Nova Celandia, Noruega, Brasil, México, Colombia e Uruguai, entre outros) a medio de toda caste de medidas, económicas e políticas. E dende logo as primeiras haberían ser para frear con todas as ferramentas do Estado de Dereito a inxerencia da Administración Trump a prol das dereitas extremas e as extremas dereitas nas vindeiras eleccións autonómicas e estatais a decorrer na Europa.
Porque quen agride como inimigo ha de se considerar inimigo.


















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



