A Mariña, 20 de xaneiro, 2026. O vindeiro domingo, 1 de febreiro, ás 11:00 horas, terá lugar en Rinlo o primeiro paseo guiado do novo programa Descubrindo o Noroeste, unha iniciativa divulgativa impulsada por Guido Guía e outros doce profesionais que busca dar a coñecer o patrimonio, a historia e o modo de vida das localidades do noroeste peninsular a través de itinerarios abertos ao público.
Nesta ocasión, a actividade estará guiada por Ana Pena, guía oficial de Turismo de Galicia, quen acompañará ás persoas participantes nun percorrido pola realidade mariñeira de Rinlo, unha vila costeira cunha forte identidade vinculada ao mar e á construción de cetarias. Ao longo da ruta abordarase a súa evolución histórica, o aproveitamento do litoral e a relación da comunidade co medio mariño.
O paseo, de 4 km e dificultade baixa, terá unha duración aproximada de dúas horas e media. A saída será desde a Praza de Santa Catarina e a actividade está aberta tamén a persoas que acudan con mascotas, que son benvidas tanto nesta como no resto das propostas do programa.
A inscrición ten un custo de 12 euros por persoa, con desconto do 20 % para menores de 18 anos e gratuíta para nenos e nenas de 0 a 2 anos. As reservas deben realizarse a través do correo electrónico info@paseosguiados.com.
Con esta proposta, Descubrindo o Noroeste inicia un calendario anual de paseos polo territorio, consolidando unha oferta cultural e turística baseada na divulgación e no coñecemento do patrimonio local.
DATA: Domingo, 1 de febreiro
HORA: 11:00
LUGAR DE INICIO: Praza de Santa Catarina, Rinlo
DURACIÓN: 2 h 30 min aprox.
PERCORRIDO: 4 km (dificultade baixa)
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: info@paseosguiados.com



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



