A Mariña, 19 de xaneiro, 2025. Galicia, motor lácteo de España e responsable de máis do 40 % da produción nacional, perdeu a metade das súas granxas nos últimos dez anos. Un dato demoledor que reflicte unha realidade insostible: peches, ruína e abandono no medio rural mentres a Xunta de Galicia e as administracións competentes miran para outro lado.
A formación sinala que o campo galego está a ser sacrificado pola inacción política e pola falta de medidas reais de apoio, mentres PP e PSOE, desde Bruxelas, permiten a entrada masiva de produtos procedentes de Marrocos, elaborados con menos controis sanitarios, menores esixencias ambientais e custos de produción moito máis baixos, o que supón unha competencia desleal directa contra os gandeiros galegos.
UCIN Galicia lembra que os produtores cumpren con normativas europeas cada vez máis esixentes, asumen custos crecentes en enerxía, alimentación e man de obra, e aínda así reciben prezos que non cobren nin os gastos de produción. Esta situación está a provocar o peche continuo de explotacións familiares, o despoboamento rural e a perda dun sector estratéxico para a economía e a soberanía alimentaria de Galicia.
A formación insiste en que non se trata dunha crise puntual, senón dunha deixación estrutural. Mentres se asinan acordos comerciais que prexudican aos gandeiros galegos, non se garanten prezos xustos, non se reforza a protección do produto galego nin se adoptan medidas efectivas para asegurar a viabilidade do sector primario.
UCIN Galicia esixe:
• Prezos mínimos xustos que cubran os custos reais de produción.
• Controis estritos aos produtos importados para garantir igualdade de condicións.
• Medidas urxentes de apoio ás explotacións familiares.
• Unha política agraria que defenda aos gandeiros galegos, e non que os condene ao peche.
A formación conclúe que apoiar os produtos e aos gandeiros galegos non é unha opción, senón unha obriga. Sen campo non hai futuro, sen gandeiros non hai alimentos e sen explotacións non hai Galicia rural.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



