Viveiro, 16 de xaneiro, 2026. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña‑Ortegal anuncia a apertura do prazo para solicitar as axudas destinadas a proxectos enmarcados nas EstrateXias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) correspondentes ao exercicio 2026.
Estas subvencións convócanse no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021‑2027, co obxectivo de impulsar o tecido económico e empresarial do territorio do GALP A Mariña‑Ortegal.
Os proxectos seleccionados poderán recibir, con carácter xeral, ata o 50 % do gasto subvencionable, en función da puntuación obtida, cun máximo de 200.000 euros, ou 250.000 euros no caso de iniciativas vinculadas ao sector pesqueiro, segundo a tipoloxía do proxecto. A intensidade da axuda poderá chegar ao 100 % cando se trate de proxectos de interese colectivo, beneficiarios colectivos ou iniciativas relacionadas coa pesca costeira artesanal.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes e remata o 16 de febreiro de 2026.
As iniciativas deberán desenvolverse no ámbito territorial do GALP A Mariña‑Ortegal, que abrangue os concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo, con independencia da sede social ou do domicilio fiscal da entidade promotora, sempre que estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
O GALP A Mariña‑Ortegal subliña que esta nova convocatoria representa unha oportunidade para promotores, pequenas empresas, persoas autónomas e entidades sociais, ao permitir transformar ideas en proxectos capaces de xerar emprego, valor engadido e impacto positivo no territorio costeiro.
O grupo anima a todas as persoas emprendedoras, empresas e entidades interesadas en impulsar novas iniciativas de desenvolvemento a participar e coñecer as posibilidades de financiamento dispoñibles para 2026.
Para máis información e asesoramento:
📞 982 563 355 / 606 568 506
📧 galp.mar.marinaortegal@xunta.gal






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



