Barreiros, 22 de xaneiro de 2026. Nos últimos días o pavillón municipal de Barreiros dotouse dun marcador novo, para substituír o existente, despois de numerosos erros de funcionamento. Este novo e moderno marcador multideportivo electrónico conta con tecnoloxía LED CMS de alta luminosidade e un sistema de control moito máis sinxelo e intuitivo que o anterior.
Igualmente, dotouse a pista de xogo dun novo círculo central que cumpre coas medidas regulamentarias para a práctica do fútbol sala, deporte máis habitual na instalación. Dito círculo, de vinilo específico para pistas deportivas, amosa o escudo do Concello e combina en cores con outros elementos do pavillón renovados tamén nos últimos anos, como protectores de columnas ou barandas.
O concelleiro de Dinamización, Dani García, explicou que se trata “dun novo investimento no ámbito do deporte e a saúde, nun espazo utilizado por numerosa poboación de todas as idades e que alberga, ademais, competicións oficiais do club local”.
García sinala o “especial esforzo constante que se está a facer desde o goberno municipal por dotar a Barreiros dunhas instalacións deportivas modernas e adecuadas á práctica que se leva a cabo nelas”.
Este investimento levouse a cabo grazas a un novo acordo entre o Concello de Barreiros e a área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
