Os populares critican “o descontrol” na xestión económica do bipartito que tamén “acumula atrasos na aprobación da Conta Xeral incumprindo a lei e derivando na perda do dereito do Concello a recibir subvencións”
Vilalba, 28 de xaneiro de 2026. O PP ve ao goberno local de PSOE e Vilalba Aberta “incapaz de presentar uns orzamentos municipais en tempo e forma” á vista de que “deberían estar aprobados no ano pasado para entrar en vigor o 1 de xaneiro, pero aínda non temos noticias dos orzamentos para este 2026”. Os populares consideran que “todo indica que o espello no que se miran é o do Goberno de Pedro Sánchez e Yolanda Díaz, que levan tres anos prorrogando os Presupostos Xerais do Estado. En ambos casos son, ademais, gobernos apoiados polo BNG.
“Este non é un feito illado”, segundo advirten dende o PP vilalbés; xa que tamén acumulan “atrasos reiterados na aprobación da Conta Xeral”. Tendo en conta que “esta é unha obriga establecida por lei, o seu incumprimento provoca a perda de subvencións e axudas que o Concello puidera percibir por parte doutras administracións”.
Os populares esixirán, polo tanto, no Pleno deste xoves que o goberno municipal tramite, someta a información pública e leve á sesión plenaria a Conta Xeral dentro dos prazos legais establecidos “poñendo fin a unha situación de incumprimento reiterado”. E tamén que elabore e presente para a súa aprobación os Orzamentos Municipais para o exercicio 2026 que permitan “garantir unha planificación económica seria, realista e acorde ás necesidades do municipio”.
O Grupo Municipal Popular cre que a xestión económica require “responsabilidade política e rigor para o cumprimento exhaustivo dos prazos legais”; así coma “respecto aos principios de transparencia e control democrático”. Pola contra, “o descontrol na xestión económica, a improvisación e a falta de planificación por parte do bipartito leva ao Concello a recorrer a prórrogas orzamentarias, contratos menores desorbitados ou decretos de Alcaldía sen rigor” que derivan en “políticas públicas ineficaces”.
PREGUNTAS
Os concelleiros do Partido Popular advirten do excesivo número de reparos suspensivos de Intervención que levantou a alcaldesa durante o 2025; de contratos menores correspondentes a servizos repetitivos e previsibles que, polo tanto, requirirían doutro procedemento; da aprobación reiterada de facturas con reparos de Intervención e das constantes modificacións de créditos.
Así esixirán explicacións ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta sobre a xestión económica do Concello. E tamén sobre a falta de políticas para a dinamización económica do municipio. Fundamentalmente pola falta de apoio ao comercio local e de dinamización do polígono e da actividade industrial no municipio.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



