Aseguraron que este servizo podería contar aínda con mellor financiamento se o Goberno de Pedro Sánchez abonara o 50% que lle corresponde para cumprir a Lei da dependencia
Lugo, 25 de xaneiro de 2026. Os deputados do Grupo Popular Raquel Arias e Enrique Barreiro salientaron hoxe o importante beneficio para as arcas dos concellos rurais que terá o acordo entre a Xunta e a Fegamp a través do que a Administración galega incrementará nun 50 por cento ao longo desta lexislatura a súa aportación para a prestación do servizo de axuda no fogar por parte dos concellos.
Raquel Arias explicou que a través deste acordo a Xunta aumentará de forma gradual a súa aportación para a prestación do servizo de axuda no fogar, unha competencia municipal segundo se recolle na Lei de servizos sociais de Galicia, aprobada polo Goberno bipartito de PSdeG e BNG no ano 2008. En concreto, a Xunta comprométese a incrementar de 12 a 16 euros por cada hora prestada este mesmo ano, subir un euro máis por hora para o 2027 e chegar aos 18 euros no 2028.
No caso concreto do concello de Sober, a deputada popular dixo que “pasará de ingresar 285.000 euros na actualidade pola prestación do servizo de axuda no fogar a 380.000 euros, case 100.000 euros máis só neste ano”.
A CARÓN DOS CONCELLOS GALEGOS
Enrique Barreiro asegurou que este incremento da aportación realizada pola Xunta “demostra que o Goberno galego está ao carón dos concellos galegos, sobre todo dos máis pequenos, que verán aliviadas as súas contas municipais”.
“Ademais, é bo para os propios traballadores e traballadoras deste servizo, xa que gozarán dunha maior estabilidade nos seus contratos; e, por suposto, tamén é bo para as persoas con dependencia e as súas familias, garantindo que máis persoas dependentes poidan seguir vivindo con dignidade no seu propio fogar e co apoio que precisan”, indicou.
Raquel Arias considerou “esencial o servizo de axuda no fogar, porque afecta directamente á calidade de vida das persoas maiores, dependentes e das súas familias, pero que ten unha especial relevancia na Comunidade galega cunha gran cantidade de persoas maiores e unha importante dispersión poboacional”.
Porén, afirmou que “este servizo podería estar aínda mellor financiado se o Goberno de Pedro Sánchez puxera enriba da mesa o 50 por cento que lle corresponde pola Lei da dependencia, pero para desgraza dos galegos, en vez de achegarse a esa metade, cada ano reduce a súa aportación, que pasou nos últimos anos do 40 ao 34 por cento”.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



