Os socialistas preguntarán no Parlamento polas consecuencias que terá para a veciñanza a modificación que o PP obrigou a incluír no PXOM en relación cunha VAC que agora desbota
Viveiro, 31 de xaneiro de 2026. O que ía ser unha vía de alta capacidade quedará finalmente nun tramo de estrada convencional. O PSdeG denunciou hoxe en Viveiro que o proxecto que vén de presentar Rueda como alternativa para aliviar o tráfico que padece o núcleo urbano do municipio mariñán é “unha estafa que non merece a veciñanza”. Así o explicou a secretaria de organización socialista e deputada autonómica, Lara Méndez, que compareceu na compaña do senador César Mogo, a deputada Patricia Otero e a portavoz socialista no Concello viveirense, María Loureiro.
Méndez criticou que o presidente da Xunta se achegarse a Viveiro en pleno Nadal para presentar un proxecto que, “no mellor dos casos, o primeiro tramo empezarase a facer en 2028”. Ademais, tal como a reformula a Xunta, a infraestrutura “non vai aliviar o problema da conxestión nin da conectividade de Viveiro e da Mariña coa provincia da Coruña e co resto de Galicia”, afirmou, e subliñou que non é o proxecto “que merece a veciñanza de Viveiro nin da Mariña”. Por iso, esixiulle a Rueda que rectifique e retome a construción dunha vía de altas prestacións “que cumpra o obxectivo de dinamizar un concello clave para A Mariña”.
“Non se pode rebaixar máis unha obra pública. O que fan o PP e a Xunta é unha estafa. Non se pode ser máis miserable coa Mariña”, criticou Mogo, e engadiu, en referencia ao acordo que impulsou a moción de censura no Concello viveirense: “Aquí hai unha certeza, que o PP enganou á cidadanía, pero Por Viveiro foi enganado ou participou tamén no engano?”.
A Xunta trata a Viveiro como “un concello de segunda”
Patricia Otero lamentou pola súa banda, que o Goberno do PP reducise “drasticamente” o orzamento da infraestrutura para actuar nun tramo menos longo do previsto e aprazar “sine die” a construción do resto. “Se a iso engadimos que rebaixa tamén a categoría da vía, pos a verdade é que o que nos veu presentar Rueda son tres rebaixas dunha tacada”, censurou.
María Loureiro lamentou que a Xunta volva tratar a Viveiro como “un concello de segunda categoría”. Coincidiu con Mogo en que a VAC era “o proxecto estrela” da moción de censura que impulsaron PP e Por Viveiro, e agora a alcaldesa e os independentes “renuncian á vía de alta capacidade” para deixala nunha simple estrada convencional. A portavoz do Grupo Municipal Socialista advertiu dos efectos que ten sobre a comarca a falta de infraestruturas de comunicación axeitadas e que a cidadanía vía con “esperanza” a construción dunha vía de altas prestacións como actuación clave para o desenvolvemento industrial de Viveiro e A Mariña, así como para o mantemento de postos de traballo. “E agora anuncian isto”, criticou.
Os efectos das decisións do PP sobre o Plan Xeral
Loureiro denunciou tamén que a Xunta e o PP “chantaxearon” ao seu goberno local durante a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. “Dicían que había que incluír o trazado da VAC”, recordou, e sinalou que agora esa VAC xa non existe tal como estaba planificada.
Sobre este extremo incidiu tamén Lara Méndez, que anunciou que o PSdeG levará ao Parlamento unha iniciativa para que a nova infraestrutura se acometa tras “un proceso dialogado” co fin de que responda ás necesidades do municipio e da comarca. “Tamén imos preguntar que consecuencias legais ten a modificación que obrigaron a facer no PXOM sendo María Loureiro alcaldesa”, destacou.
A través desa iniciativa, os socialistas instan á Xunta a retomar o proxecto como unha verdadeira vía de alta capacidade, a avaliar o impacto que a renuncia á construír a VAC terá no PXOM de Viveiro e a adoptar as medidas necesaria para evitarlle á cidadanía prexuízos administrativos “derivados das decisións impostas pola propia Xunta durante anos”.
O futuro das comunicacións da Mariña
Os representantes socialistas recordaron durante a súa comparecencia que a comarca da Mariña padece un grave déficit de infraestruturas. E que a solución a ese problema pasa, principalmente, por completar a vía de alta capacidade Costa Norte e a autovía A-74, para manter conexións axeitadas coa A-8, polo leste, e a zona de Ortegal e Ferrolterra, polo oeste. Por ese motivo, esixíronlle á Xunta que rectifique e non escamotee recursos “cun proxecto a medias” para a variante de Viveiro e ao Goberno central que nos próximos Orzamentos do Estado inclúa a autovía.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



