Os representantes do PP de Lugo preguntan ao Goberno que medidas específicas ten previsto adoptar para garantir o bo funcionamento do servizo de Correos en Trabada, por que non se están a cubrir as baixas do persoal que opera nesta localidade e se ten constancia de queixas formais relacionadas con estas deficiencias
Trabada, 31 de xaneiro de 2026. Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- anuncian a presentación de varias preguntas na Cámara Alta para coñecer a situación real do servizo de Correos no municipio de Trabada e as medidas que pensa adoptar o Goberno do Estado para poñer fin ás graves deficiencias que se veñen rexistrando.
Contar cun servizo postal áxil e eficiente é fundamental para garantir entregas rápidas e seguras, facilitar a loxística, reducir os tempos de espera e mellorar tanto a satisfacción da cidadanía como a operatividade das empresas. Esta realidade dista moito de cumprirse en concellos como o de Trabada, onde se multiplican as queixas polo mal funcionamento de Correos.
Os senadores populares advirten de que Correos, empresa pública adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, acumula no municipio numerosas incidencias, na súa maioría relacionadas coa falta de persoal. Esta situación provocou atrasos no reparto de correspondencia que, nalgúns casos, chegan a prolongarse varios meses, xerando un grave prexuízo para os veciños e veciñas.
Ante esta situación, os representantes do PP de Lugo preguntan ao Goberno que medidas específicas ten previsto adoptar para garantir o bo funcionamento do servizo de Correos en Trabada, por que non se están a cubrir as baixas do persoal que opera nesta localidade e se ten constancia de queixas formais relacionadas con estas deficiencias. De ser así, tamén reclaman explicacións sobre os motivos polos que non se corrixiron as incidencias detectadas.
Desde o Partido Popular esixen ao Goberno de España que actúe con urxencia para asegurar un servizo postal digno e eficiente no rural lucense, evitando que concellos como Trabada sigan sufrindo un abandono que afecta directamente á calidade de vida da súa poboación.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



