Viveiro, 12 de xaneiro, 2026. Unha vez rematadas as festas do Nadal, e tras evitar facer valoracións nos días de maior actividade comercial, o PSOE de Viveiro considera necesario realizar un balance sereno pero claro da programación cultural impulsada polo actual goberno municipal.
Segundo os socialistas, a conclusión é evidente: o Concello non presentou iniciativas propias. A única decisión atribuíble directamente ao executivo local foi acurtar o percorrido da Cabalgata de Reis, deixando fóra Covas e Celeiro. Aínda que a medida podería ter aspectos positivos, acabou coincidindo cunha xornada de mal tempo e sen alternativas nin planificación complementaria.
O PSOE recoñece que os Reis Magos visitaron os centros sociais das parroquias, pero cualifica a iniciativa de ben intencionada pero pouco realista, ao realizarse en horarios demasiado temperáns que impediron a moitas familias achegarse, especialmente a aquelas con pais e nais traballando. “O Goberno municipal debe prever a realidade social da veciñanza”, sinalan.
Dependencia do tecido asociativo
Para os socialistas, toda a programación do Nadal descansou case exclusivamente no tecido asociativo, que unha vez máis demostrou compromiso e capacidade, mentres o Concello “se limitou a acompañar, pero non a liderar”. Critican que non houbo unha aposta clara nin un proxecto cultural propio para unha cidade de máis de 15.000 habitantes.
Un exemplo destacado é a ausencia da tradicional carpa na Praza, un espazo que permitía desenvolver actividades infantís protexidas da choiva, algo especialmente relevante en Viveiro.
Cambios na gala de maxia e ausencia da festa do 31
O PSOE tamén lamenta o cambio da tradicional gala de maxia do 28 de decembro, trasladada ao día 30 nun acto alleo ao Concello e organizado por unha empresa privada, con entradas a prezos propios dun espectáculo comercial e cun público maioritariamente de fóra de Viveiro.
Do mesmo xeito, critican que non se celebrase a festa do 31 de decembro na Praza Maior, unha cita xa consolidada e moi demandada pola veciñanza.
Falta de difusión e exceso de propaganda
As poucas actividades organizadas polo Concello estiveron, segundo o PSOE, escasamente publicitadas, o que contribuíu á sensación de improvisación e falta de programación.
En cambio, subliñan que non faltaron entrevistas da alcaldesa en distintos medios, “vendendo unha xestión que non se corresponde coa realidade vivida pola veciñanza”. Acusan ao goberno local de moita crítica ao pasado e poucos feitos propios.
“O Nadal non pode ser propaganda persoal”
O PSOE de Viveiro lamenta que o Nadal “se convertese nun exercicio de propaganda persoal en lugar dunha verdadeira política cultural pensada para a cidadanía, para a infancia e para facer de Viveiro unha cidade viva tamén no inverno”.
Conclúen que gobernar non é desfacer nin aparentar cambios, senón planificar, escoitar e asumir responsabilidades, algo que —din— “neste Nadal brillou pola súa ausencia”.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



