Viveiro, 17 de xaneiro, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro vén de rexistrar no Concello unha moción coa que busca evitar que a vila quede sen cine tras o anuncio do peche da sala Multicines Viveiro. A proposta aposta por abrir vías de diálogo coa empresa propietaria e co dono do local para manter as instalacións e garantir un uso cultural puntual.
Desde o PSOE subliñan que o obxectivo non é “rescatar unha empresa privada nin intervir na súa xestión”, senón defender o acceso da cidadanía á cultura e impedir que Viveiro perda un espazo “que forma parte da súa memoria colectiva”. Lembran que o cine é un lugar de encontro interxeracional e un servizo cultural especialmente relevante para a infancia, a mocidade e as persoas maiores.
🎬 Propostas culturais para manter viva a pantalla
A moción aposta por fórmulas realistas baseadas na colaboración institucional e na programación cultural, como:
• Semana do Cine Galego
• Ciclos de cine en galego
• Proxeccións infantís
• Cine social e educativo
“Aínda que non sexa posible manter unha programación comercial continuada, non podemos resignarnos a que a pantalla quede apagada para sempre”, sinalan.
🏛️ Chamamento á Xunta de Galicia
O texto insta tamén á Xunta de Galicia a implicarse a través dos seus organismos culturais, apoiando iniciativas que permitan manter unha oferta cinematográfica —aínda que sexa puntual— en concellos como Viveiro.
📢 “A cultura tamén se defende con diálogo e vontade política”
Desde o grupo socialista conclúen que “o que defendemos é algo moi sinxelo: que Viveiro non quede sen cine sen nin sequera intentalo. A cultura tamén se defende con diálogo, vontade política e compromiso coa veciñanza”.




















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



