Viveiro, 15 de xaneiro, 2026. O PSOE de Viveiro participou hoxe na marcha convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña, que discorreu entre o Centro de Saúde de Viveiro e a Consellería de Pesca, co obxectivo de entregar preto de seis mil sinaturas de veciños e veciñas —maioritariamente de Viveiro— en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade.
Durante a mobilización reclamouse unha solución inmediata á grave situación que atravesa a atención primaria na Mariña, marcada pola falta de profesionais médicos nos centros de saúde e polos prazos inasumibles para acceder a unha cita de medicina de familia, que nalgúns casos superan o mes de espera.
Viveiro é un dos concellos máis afectados por esta precariedade asistencial, ao contar cun dos centros de saúde con menor número de médicos ao longo de todo o ano. Esta situación agrávase especialmente nas épocas de maior afluencia de poboación, cando a demanda asistencial aumenta de maneira considerable sen que se reforcen os cadros profesionais.
A voceira municipal socialista, María Loureiro, participou activamente na marcha e foi a encargada de entregar as sinaturas rexistradas, sumándose así á reivindicación veciñal dunha atención sanitaria accesible, próxima e dotada dos recursos necesarios.
Desde o PSOE de Viveiro reiterouse o apoio á Plataforma Sanitaria da Mariña e á cidadanía que se mobilizou para defender un dereito básico como é a sanidade pública. O partido considera que a situación actual é insostible e que require respostas urxentes por parte da Xunta de Galicia, que —sinalan— non pode continuar mirando para outro lado mentres se deteriora un servizo esencial.
O Partido Socialista comprométese a seguir ao carón da veciñanza e a apoiar todas aquelas iniciativas que reclamen unha sanidade pública forte, con profesionais suficientes e cunha atención digna para toda a poboación.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



