Burela, 10 de xaneiro, 2026. Complicado encontro para as burelenses esta tarde en Ourense. O Burela comezou competindo con bo pé, pero o partido foilles escapando na segunda parte ata rematar cun final moi doloroso para as de Belén Feal, que chegaban de dous grandes encontros en Vista Alegre.
Nos primeiros cinco minutos, Ana Eliza protagonizou dous paradóns decisivos e mantivo o equipo con vida ante as primeiras chegadas locais. O Ourense acumulou ocasións nos primeiros dez minutos, todas desactivadas pola gardameta brasileira. No 10, Silvia Rubal tivo unha gran oportunidade nunha contra, pero Ana Romero desviou o seu disparo. No mesmo minuto, Lara executou unha falta perigosa que a barreira enviou a córner.
O Burela seguiu xerando perigo: no 12, outro disparo afastado de Silvia obrigou a intervir a porteira local, e no 24 volveu despexar un tiro frontal da capitá. A pesar do bo tramo das mariñás, chegou o 2-0 no 14, cun disparo frontal de Alice. No 13, o Burela quedou en inferioridade pola expulsión de Silvia Rubal por dobre amarela.
Ana Eliza mantivo ao equipo con vida con varias intervencións consecutivas ante Judith e Alice, que tentou sorprender desde o segundo pau en repetidas ocasións. No 16, Irene tivo unha ocasión clarísima nun contraataque, e no 17 Macarena quedou soa ante Ana Romero tras un saque longo de Ana Eliza, pero a porteira evitou o primeiro gol visitante.
A dous minutos do descanso, Belén Feal pediu tempo morto e apostou polo xogo de cinco con Sydorenko como porteira-xogadora. Con todo, no 18 chegou o 3-0, un golazo de Carla Ayensa, que recibiu de Judith e superou a Ana Eliza.
A segunda parte comezou cun recital de Ana Eliza: desviou un disparo cruzado de Chiky, outro potente tiro afastado de Melli e un man a man segundos despois. No 23 volveu deter outro disparo de Melli, e pouco despois chegou o gol do Burela: Sandra recortou distancias rematando un pase de Lara desde a área.
As laranxas rozaron o segundo nun balón cruzado de Lara tras roubo a Melli. No 25, o Burela apostou de novo polo xogo de cinco con Irene, pero o Ourense aproveitou un roubo de Melli para facer o 4-1 a portería baleira. No 26, Ana Eliza volveu deter un disparo potentísimo de Judith.
O Burela seguiu insistindo e Sydorenko estivo a piques de marcar o segundo cun disparo á escuadra, pero o balón marchou fóra. No entanto, o Ourense ampliou a vantaxe co 5-1, outro tanto de Carla Ayensa, que recuperou na liña de fondo e definiu desde 40 metros.
A partir de aí, o partido rompeuse por completo. No 33, Marta fixo o 6-1 tras combinar con Judith. No 35 chegou o 7-2, obra de Chiky, desviando un disparo de Melli. No mesmo minuto, Alice fixo o 8-2 cun tiro frontal entre a defensa, e segundos despois Melli anotou o 9-2 nunha acción similar.
Tras un pau de Carla Ayensa, o Ourense pechou o marcador co 10-2 a un minuto do final, un tanto de Riscos tras combinar con Alice.
Ficha Técnica Ourense Ontime 10-2 Reyco Burela FS
Ourense Ontime (10): Ana Romero; Chiky, Alice, Riscos, Melli –quinteto inicial-, Judith, Marta, Anita, Carla Ayensa, Raquelilla.
Reyco Burela FS (2): Ana Eliza; Cris Blanco, Silvia Rubal (C), Macarena, Lara -quinteto inicial-, Sandra, Irene, Laura Barranco, Sydorenko, Marina.
Goles: 1-0, min. 6: Anita. 2-0, min. 14: Alice. 3-0, min. 19: Carla Ayensa. 3-1, min. 23: Sandra. 4-1, min. 25: Melli. 5-1, min. 27: Carla Ayensa. 5-2, min. 32: Lara. 6-2, min. 33: Marta. 7-2, min. 35: Chiky. 8-2, min. 35: Alice. 9-2, min. 36: Melli. 10-2, min. 39: Riscos.
Árbitros: Tania María Penabad // Pablo Enrique Guntín // Susana Álvarez //. Por parte do Ourense Ontime veu tarxeta amarela, Raquelilla (33’). Por parte do Reyco Burela, doble tarxeta para Silvia Rubal (12’ e 13’) e Irene (38’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Os Remedios de Ourense.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.


