O alumnado de 2º de Realización do Centro de Formación de Audiovisuais realizará a emisión en directo das tres xornadas a través da súa canle de Youtube e a institución provincial realizará ademais unha achega económica de 3.000€
Lugo, 25 de febreiro de 2026. A Deputación de Lugo colabora un ano máis cos Campionatos Internacionais de Baristas de Foz que arrancan hoxe coa cata de café. Por unha banda, o alumnado de 2º de Realización do Centro de Formación de Audiovisuais realizará a emisión en directo das tres xornadas a través da súa canle de Youtube e, por outra, a institución provincial achegará ao IES de Foz unha aportación económica de 3.000€.
A emisión en directo das xornadas dos Campionatos é unha das prácticas profesionais, en escenarios reais, que se inclúen na formación do estudantado da escola da Deputación. Unha ducia de alumnos e alumnas terá a oportunidade de practicar nas diferentes funcións dun equipo técnico, entre outras: realizador, operador de cámara, editor de vídeo e de audio.
Este mércores, a transmisión en vivo comezará ás 19:00 horas coa triangulación do Campionato de Cata de Cafés, que será a primeira proba desta edición. Trátase dun exercicio técnico de degustación no que se mide a capacidade sensorial de cada participante para distinguir cafés similares. A xornada de hoxe poderase seguir a través do enlace https://www.youtube.com/watch?v=vfMGFXWicw8.
Mañá, a cita continuará co campionato de Escolas de Hostalería, que se desenvolverá durante todo o día e a programación concluirá o venres, 27 de febreiro ás 13:00 horas, coa entrega de trofeos e a clausura do certame.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



