O Pleno deste mes aprobou por unanimidade unha moción dos partidos de Goberno para elevar unha instancia, a petición dos traballadores, para que Xunta, FEGAMP e Deputacións convoquen a comisión dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais
Lugo, 24 de febreiro de 2026. A Deputación comprométese co persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) e defenderá a prestación do servizo en Cervo, pechado desde finais do 2024 tras a decisión unilateral do Concello. Así o acordou o Pleno Ordinario celebrado este martes no Pazo de San Marcos tras unha moción de urxencia presentada de forma conxunta polos partidos de Goberno para elevar unha instancia, a petición dos traballadores, para que Xunta, FEGAMP e Deputacións convoquen a Comisión de Seguimento do convenio dos GES, co fin de avaliar o funcionamento do servizo neste municipio.
Esta iniciativa saíu adiante por unanimidade, cos votos favorables de todos os grupos que conforman a Corporación provincial: PSdeG, BNG, o Deputado non adscrito e o PP.
Pilar García Porto, expuxo como Voceira socialista do Goberno que actualmente existen na provincia cinco Grupos de Emerxencias Supramunicipais nos concellos de Friol, A Pontenova, Quiroga, Folgoso do Courel e Monterroso, que continúan prestando servizo. Asegurou que “nos últimos anos, a rede de GES sufriu cambios e dificultades”, e que se trata dun servizo público esencial no sistema de atención ás emerxencias, especialmente en territorios rurais e con alta dispersión da poboación.
Tras manter unha reunión cos representantes do persoal do GES, o Goberno de Carmela López acordou con eles preparar unha moción de urxencia para tratar de atopar unha solución que garanta un servizo eficiente na provincia.
“Os profesionais do GES desenvolven unha labor esencial no apoio e intervención ante incidencias e emerxencias no territorio, en coordinación co resto de servizos”, asegurou García Porto. Relatou que o caso máis grave da provincia é o de Cervo, onde o este grupo está pechado. “Unha situación singular que debe abordarse de maneira inmediata ao tratarse dun servizo que pode ser recuperado, tendo en conta que os seus efectivos continúan vinculados ao Concello”, argumentou.
A Voceira socialista subliñou que resulta necesario analizar as condicións para a súa reapertura e reforzar a capacidade de resposta ante emerxencias na comarca da Mariña.
O texto, que prepararon de forma conxunta o PSdeG e o BNG, esixe que, ademais da convocatoria do órgano de control con carácter de urxencia; no marco da comisión, se aborde de maneira específica o peche do GES de Cervo, definindo as medidas necesarias para proceder a súa reapertura e garantir a cobertura efectiva da comarca da Mariña; e instar as administracións asistentes a adoptar as medidas necesarias para garantir un servizo de emerxencia eficaz, coordinado e adaptado ás necesidades reais do territorio.
Declaración institucional polo 8M
O Pleno ordinario celebrado esta mañá aprobou tamén por unanimidade de todos os grupos con representación na Corporación provincial, unha Declaración Institucional polo 8M centrada nas mulleres que sosteñen a administración local. O documento deste ano con motivo do Día Internacional da Muller -que se celebrará o vindeiro 8 de marzo- recoñece ás mulleres que traballan na Administración pública en ámbitos e funcións clave na xestión provincial como a planificación de servizos, o deseño dos pobos e das cidades, a xestión económica, a contratación pública ou programando e prestando servizos á comunidade.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



